Logo Calidad TurísticaLogo XacobeoLogo Marca Galicia
Las Bodeguillas de Santiago de Compostela

Las Bodeguillas - Página 5

Noticias y novedades de Las Bodeguillas de San Roque, San Lázaro y Santa Marta. Restaurantes en Santiago de Compostela.

Restaurant Guru recoñece a Santa Marta coa insignia de Recomendación 9 ago

Restaurant Guru recoñece a Santa Marta coa insignia de Recomendación

09/08/2022

Non nos cansaremos de repetir até o infinito que todos os éxitos que logramos son grazas a todos e todas os que nos visitades nas nosas Bodeguillas a diario. Inspirádesnos a mellorar e a superarnos día a día para ofrecer as mellores elaboracións, pratos, bebidas e actividades gastronómicas. Coas vosas palabras, dende as máis fermosas até as críticas constructivas máis necesarias, artellamos (ou tentamos) unha mellora constante. A Bodeguilla de Santa Marta vén de ser galardoada coa insignia de R...

Leer más

As Festas do Apóstolo ofrecerán moita música e fogos artificiais en cinco localizacións diferentes 12 jul

As Festas do Apóstolo ofrecerán moita música e fogos artificiais en cinco localizacións diferentes

12/07/2022

En menos do que canta un galo dará o pistoletazo de saída o que é, quizais, unha das datas máis agardadas por todos os galegos. O luns 25 de xullo celébrase o Día de Galicia pero Compostela engalanarase coas súas mellores roupas de festa un chisco antes para recibir cos brazos abertos unha das edicións máis especiais do Apóstolo. As Festas do Apóstolo arrancarán o vindeiro xoves 21 co seu habitual pregón no Pazo de Raxoi. Desta volta estará a cargo do actor compostelá Tamar Novas. Logo, poderas...

Leer más

5 plans que non podes perderte en Compostela en xuño 8 jun

5 plans que non podes perderte en Compostela en xuño

08/06/2022

É ben sabido que Santiago de Compostela é un centro neurálxico cultural. Con decenas de propostas para celebrar a arte e a música e coas temperaturas e o tempo agradable de xuño, o comezo do verán é o momento perfecto para desfrutar da cidade e todo o que ten por ofrecer. Hoxe falámosvos sobre cinco plans ineludibles! Obxectos de deseño. Surrealismo e deseño 1924-2020 Se sodes afeccionados ás obras de artistas como Salvador Dalí ou Le Corbusier, o Museo Centro Gaiás, na Cidade da Cultura, cont...

Leer más

5 tixolas para celebrar que xa é primavera 9 may

5 tixolas para celebrar que xa é primavera

09/05/2022

Co bo tempo que está a vir estes días, cada vez apetece máis facer plans fóra da casa. Sen dúbida, desfrutar de boa comida e cunha compañía inmellorable é unha das combinacións favoritas de calquera persoa. E, máis aínda, se son opcións fresquiñas e lixeiras. Hoxe presentámosche 5 tixolas para celebrar que xa é primavera.  Arroces Na Bodeguilla de San Lázaro poderás atopar dúas propostas de tixola co arroz como protagonista ás que é imposible dicirlles que non. A primeira, un arroz con rape e ...

Leer más

O comercio local compostelán é arte 21 abr

O comercio local compostelán é arte

21/04/2022

Pasearte é unha ollada á arte contemporánea a través do comercio local de Santiago de Compostela e, en concreto, do Ensanche. A Mostra de Arte Contemporánea nos escaparates de Santiago Centro arrancou súa cuarta edición a comezos de mes e, dende ese momento, vén marabillando aos transeúntes que se deteñen ante ante os establecementos composteláns. O Centro Comercial Aberto do Ensanche recuperou nesta primavera unha das súas iniciativas máis atractivas integrando as creacións de artistas das gal...

Leer más

De cea con Gil Family States: catamos delicias! 21 abr

De cea con Gil Family States: catamos delicias!

21/04/2022

A ledicia das Tertulias Bodeguilla chegou de novo a Bodeguilla de Santa Marta cunha agardada cata didáctica con cea da man de Ferrán García Mena, responsable de Gil Family States.  O grupo español Gil Family States está presente en dez rexións vitivinícolas: Jumilla (Juan Gil y Bodegas El Nido), Montsant (Can Blau), Priorat (Bluegrey), Calatayud (Ateca), Campo de Borja (Morca), Almansa (Atalaya), Castilla y León (Tridente y Shaya, esta última na DO Rueda), Rías Baixas (Lagar de Condesa) e a últ...

Leer más