Logo Calidad TurísticaLogo XacobeoLogo Marca Galicia
Las Bodeguillas de Santiago de Compostela

3 plans culturais para este outono en Compostela

Publicado: 18 de octubre de 2022, 08:43
  1. Las Bodeguillas
3 plans culturais para este outono en Compostela

O cheiro das castaña inunda as rúas da zona vella de Santiago e as follas en tonos marrón e ocres enchen o chan da Alameda. O outono chegou e, con el, algúns plans culturais que non te podes perder na capital galega.

Luz Poética

Dende este luns 17 e ao longo de toda a semana, Compostela acollerá o I Festival de Poesía Nova, inspirada na figura da poeta compostelá Luz Fandiño e na súa maneira de entender a cultura e a poesía.

O encontro para mozos celebrarase en diferentes espazos da cidade. Entre eles podemos citar a Igrexa da Universidade de Santiago de Compostela, o Centro Sociocultural Xove da Almáciga ou o Teatro Principal, entre outros.

Do luns ao sábado, os composteláns deleitaranse cos poetas da escena galega actual. Así mesmo, o evento culminará o sábado 22, ca Gran Final Poetry Slam estatal 2022 no Teatro Principal.

Santiago (é)Tapas

O xa tradicional evento gastronómico Santiago(é)Tapas está a piques de arrancar a súa décimo cuarta edición. Dende o xoves 27 de outubro e até o vindeiro domingo 13 de novembro os visitantes da capital galega poderán percorrer as súas rúas dunha maneira diferente á convencional: a través de diferentes rutas conformadas polas elaboracións culinarias dos restaurantes e bares participantes neste XIV Concurso de Tapas de Santiago de Compostela.

Dende propostas máis tradicionais até as máis creativas e rompedoras, os usuarios poderán probalas a un prezo único e presumir de peregrinación. As (e)tapas contan cun orixinal “Tapasporte” que se poderá encher de selos, ao estilo do Camiño de Santiago. Logo, os particulares peregrinos poderán votar as súas creación preferidas. 

E, como toda boa tapa vai acompañada da súa correspondente bebida, nas mesmas datas e no marco da mesma celebración, terá lugar o III Santiago(é)Cóctel.

II Compostela Photo

A iniciativa fotográfica de Santiago Centro arrancou no verán pero estenderase até mediados de novembro. Ca fin de actuar como impulsor para as rúas e comercios do Ensanche, Compostela Photo engalana os portóns de garaxes con fotografías en gran formato.

Unha vez máis, a exhibición está centrada no Xacobeo, o Camiño de Santiago e os valores que o rodean. E, esta temática, observarémola a través da particular visión dun grupo seleccionado  de 15 artistas visuais e fotógrafos afeccionados.

Así mesmo, o II Compostela Photo organiza actividades paralelas á mostra e, a vindeira fin de semana será a quenda dun percorrido pola cidade cunha ollada fotográfica.

A estas propostas, súmanse outras moitas que conforman unha programación cultural inmensa para desfrutar Santiago de Compostela a través dos diferentes sentidos.

Noticias relacionadas

As Bodeguillas en Santiago(e´)Tapas 11 feb

As Bodeguillas en Santiago(e´)Tapas

11/02/2025 Las Bodeguillas
Este xoves 13 de febreiro comeza o XVI Santiago(e´)Tapas, o concurso gastronómico organizado por Turismo de Santiago no que participan 42 locais da cidade compostelá. Como en cada edición, aqueles que completen as rutas do certame poderán optar a distintos premios, os cales se poderán recoller ata
Sabores sen glute para todos 31 ene

Sabores sen glute para todos

31/01/2025 Las Bodeguillas
Nas Bodeguillas de San Lázaro e Santa Marta, entendemos a importancia de desfrutar dunha experiencia gastronómica completa, sen preocupacións nin limitacións. Por iso, contamos cunha carta sen glute deseñada para sorprender a todos os padais, sen perder un ápice de sabor e a calidade que nos
Este Nadal regala Bodeguillas! A experiencia gastronómica que todos quererán recibir 27 dic

Este Nadal regala Bodeguillas! A experiencia gastronómica que todos quererán recibir

27/12/2024 Las Bodeguillas
Este Nadal, sorprende os teus seres queridos con algo máis que un regalo tradicional. Nas Bodeguillas de San Lázaro e Santa Marta, ofrecémosche a oportunidade de regalar produtos de alta calidade, que farán as delicias de calquera padal. Que mellor forma de celebrar estas festas que con un estoxo
Día Mundial do Enoturismo: así se percorre Galicia a través da cultura do viño 5 nov

Día Mundial do Enoturismo: así se percorre Galicia a través da cultura do viño

05/11/2024 Las Bodeguillas
Cada segundo domingo do mes de novembro, dende fai quince edicións, celébrase o Día Mundial do Enoturismo ca fin de dar a coñecer a tradición do viño así como destacar a importancia das rexións polas que se estende dende o punto de vista económico e cultural.  Por iso, para festexar o 10 de