Logo Calidad TurísticaLogo XacobeoLogo Marca Galicia
Las Bodeguillas de Santiago de Compostela

As Bodeguillas en Santiago(e´)Tapas

Publicado: 11 de febrero de 2025, 11:24
  1. Las Bodeguillas
As Bodeguillas en Santiago(e´)Tapas

Este xoves 13 de febreiro comeza o XVI Santiago(e´)Tapas, o concurso gastronómico organizado por Turismo de Santiago no que participan 42 locais da cidade compostelá. Como en cada edición, aqueles que completen as rutas do certame poderán optar a distintos premios, os cales se poderán recoller ata o 10 de marzo na Oficina de Turismo de Santiago. Este ano, xunto con outras propostas decidiuse apostar por tapas doces, sen glute ou vexetarianas.

Para participar, é necesario contar co Tapasporte, un documento en formato libro que se poderá recoller dende o inicio do evento na Oficina de Turismo de Santiago e en todos os locais participantes.

Os asistentes poderán percorrer calquera das 7 rutas dispoñibles, degustar as tapas, votar a través dos códigos QR entregados nos distintos establecementos e solicitar así o selo correspondente para o seu Tapasporte.

Un ano máis, as Bodeguillas participan nesta nova edición con dúas propostas que reflicten a esencia da gastronomía galega:

  • Na Bodeguilla de Santa Marta, presentamos “Sabores da Terra”, unha tapa creativa que fusiona ingredientes autóctonos cun toque innovador.
  • Na Bodeguilla de San Lázaro, ofrecemos “Cocido Galego”, unha tapa tradicional da cociña galega elaborada con produtos de alta calidade.

Aqueles que completen as rutas poderán recibir dende produtos galegos a botellas de viño, packs de cervexa, abonos para o Obradoiro CAB e a SD Compostela, balóns vintage do Compostela, libretas, paraugas e outros obsequios.

Para os turistas que só pasen uns días na cidade, o evento ofrece a opción Tapasporte Express, que permite obter un agasallo cun selo de cada unha das 7 rutas de (e´)Tapas.

Ademais, haberá un premio especial sorpresa para aqueles que consigan os selos dos 5 establecementos distinguidos co selo de Calidade Turística SICTED, entre os que se atopan a Bodeguilla de San Lázaro e a Bodeguilla de Santa Marta.

Esperámoste nas Bodeguillas para desfrutar desta gran cita gastronómica!

Noticias relacionadas

Sabores sen glute para todos 31 ene

Sabores sen glute para todos

31/01/2025 Las Bodeguillas
Nas Bodeguillas de San Lázaro e Santa Marta, entendemos a importancia de desfrutar dunha experiencia gastronómica completa, sen preocupacións nin limitacións. Por iso, contamos cunha carta sen glute deseñada para sorprender a todos os padais, sen perder un ápice de sabor e a calidade que nos
Este Nadal regala Bodeguillas! A experiencia gastronómica que todos quererán recibir 27 dic

Este Nadal regala Bodeguillas! A experiencia gastronómica que todos quererán recibir

27/12/2024 Las Bodeguillas
Este Nadal, sorprende os teus seres queridos con algo máis que un regalo tradicional. Nas Bodeguillas de San Lázaro e Santa Marta, ofrecémosche a oportunidade de regalar produtos de alta calidade, que farán as delicias de calquera padal. Que mellor forma de celebrar estas festas que con un estoxo
Día Mundial do Enoturismo: así se percorre Galicia a través da cultura do viño 5 nov

Día Mundial do Enoturismo: así se percorre Galicia a través da cultura do viño

05/11/2024 Las Bodeguillas
Cada segundo domingo do mes de novembro, dende fai quince edicións, celébrase o Día Mundial do Enoturismo ca fin de dar a coñecer a tradición do viño así como destacar a importancia das rexións polas que se estende dende o punto de vista económico e cultural.  Por iso, para festexar o 10 de
Un Samaín en Compostela acompañado de moita música 29 oct

Un Samaín en Compostela acompañado de moita música

29/10/2024 Las Bodeguillas
O outono trae consigo unha das datas máis misteriosas do ano. Aínda que o Halloween de máis alá das nosas fronteiras é unha festividade á que non lle facemos feos, nós somos máis de celebrar o Samaín. Como non podía ser doutro xeito, Santiago de Compostela énchese de propostas para todas as idades