Logo Calidad TurísticaLogo XacobeoLogo Marca Galicia
Las Bodeguillas de Santiago de Compostela

Este Nadal regala Bodeguillas! A experiencia gastronómica que todos quererán recibir

Publicado: 27 de diciembre de 2024, 10:00
  1. Las Bodeguillas
Este Nadal regala Bodeguillas! A experiencia gastronómica que todos quererán recibir

Este Nadal, sorprende os teus seres queridos con algo máis que un regalo tradicional. Nas Bodeguillas de San Lázaro e Santa Marta, ofrecémosche a oportunidade de regalar produtos de alta calidade, que farán as delicias de calquera padal. Que mellor forma de celebrar estas festas que con un estoxo de viño exclusivo ou un xamón de bellota? Agora podes facelo posibles grazas ás nosas tarxetas de fidelizacio´n que, ademais de utilizar para comidas ou ceas, tamén poden servir como tarxeta regalo.

Se estas buscando o regalo perfecto para un afeccionado do viño, os nosos estoxos son a opción perfecta. Escolle dende os máis accesibles a partir dos 20 euros ata opcións máis exclusivas de mais de 200 euros. Cada un deles contén unha selección de viños excepcionais que acompañan a perfección con calquera celebración. Xa sabes, os nosos estoxos son o regalo perfecto que deixara´ unha impresión duradeira.

Por outro lado, para os amantes de gastronomía de calidade, nas Bodeguillas de San Lázaro e de Santa Marta temos unha coidada selección de ibéricos que farán que a túa mesa de Nadal marque a diferencia. Destacamos a nosa paleta de bellota 100% ibérica Castro y González, ou o noso xamón fusión de bellota 100% ibérico. Todas as pezas son seleccionadas coidadosamente polo noso mestre cortador Jose Mi´guez, polo que son perfectos para acompañar a un bo viño da nosa ampla bodega.

Nestas festas, non hai mellor maneira de regalar unha experiencia única que cos nosos produtos. Regalar Bodeguillas non so e´ ofrecer un regalo de alta calidade, senón tamén invitar a desfrutar do mellor da nosa bodega e gastronomía. Pode ser para un ser querido, un amigo ou para ti mesmo. Os nosos viños e ibéricos son regalos que falan por si mesmos.

Non agardes máis! Visítanos nas Bodeguillas de San Lázaro e de Santa Marta e descubre como podes regalar unha experiencia gastronómica única. Este Nadal regala Bodeguillas!

Noticias relacionadas

As Bodeguillas en Santiago(e´)Tapas 11 feb

As Bodeguillas en Santiago(e´)Tapas

11/02/2025 Las Bodeguillas
Este xoves 13 de febreiro comeza o XVI Santiago(e´)Tapas, o concurso gastronómico organizado por Turismo de Santiago no que participan 42 locais da cidade compostelá. Como en cada edición, aqueles que completen as rutas do certame poderán optar a distintos premios, os cales se poderán recoller ata
Sabores sen glute para todos 31 ene

Sabores sen glute para todos

31/01/2025 Las Bodeguillas
Nas Bodeguillas de San Lázaro e Santa Marta, entendemos a importancia de desfrutar dunha experiencia gastronómica completa, sen preocupacións nin limitacións. Por iso, contamos cunha carta sen glute deseñada para sorprender a todos os padais, sen perder un ápice de sabor e a calidade que nos
Día Mundial do Enoturismo: así se percorre Galicia a través da cultura do viño 5 nov

Día Mundial do Enoturismo: así se percorre Galicia a través da cultura do viño

05/11/2024 Las Bodeguillas
Cada segundo domingo do mes de novembro, dende fai quince edicións, celébrase o Día Mundial do Enoturismo ca fin de dar a coñecer a tradición do viño así como destacar a importancia das rexións polas que se estende dende o punto de vista económico e cultural.  Por iso, para festexar o 10 de
Un Samaín en Compostela acompañado de moita música 29 oct

Un Samaín en Compostela acompañado de moita música

29/10/2024 Las Bodeguillas
O outono trae consigo unha das datas máis misteriosas do ano. Aínda que o Halloween de máis alá das nosas fronteiras é unha festividade á que non lle facemos feos, nós somos máis de celebrar o Samaín. Como non podía ser doutro xeito, Santiago de Compostela énchese de propostas para todas as idades