Logo Calidad TurísticaLogo XacobeoLogo Marca Galicia
Las Bodeguillas de Santiago de Compostela

As Festas do Apóstolo ofrecerán moita música e fogos artificiais en cinco localizacións diferentes

Publicado: 12 de julio de 2022, 11:35
  1. Las Bodeguillas
As Festas do Apóstolo ofrecerán moita música e fogos artificiais en cinco localizacións diferentes

En menos do que canta un galo dará o pistoletazo de saída o que é, quizais, unha das datas máis agardadas por todos os galegos. O luns 25 de xullo celébrase o Día de Galicia pero Compostela engalanarase coas súas mellores roupas de festa un chisco antes para recibir cos brazos abertos unha das edicións máis especiais do Apóstolo.

As Festas do Apóstolo arrancarán o vindeiro xoves 21 co seu habitual pregón no Pazo de Raxoi. Desta volta estará a cargo do actor compostelá Tamar Novas. Logo, poderase desfrutar na Praza do Obradoiro da actuación de The New York Ska-Jazz Ensemble.

A música: a grande protagonista

Como é habitual nestas datas, a música será unha das grandes protagonistas. É así que, logo do comezo das festas na Praza do Obradoiro, poderemos deleitarnos con actuacións como a de Rocío Márquez+Bronquio (Praza da Quintada) e a Orquestra Estrellamar (Alameda) o venres 22; Lítore Quartet (Praza de Mazarelos), Rufus T. Firefly (Parque das Galeras), Caléxico (Praza da Quintana) e a Orquestra Los Alkar (Alameda) o sábado 23; e Álvaro Toscano (Praza Mazarelos), Verónica Ferro & Javier Sánchez (Galeras), Heredeiros da Crus (Praza da Quintana) e a Banda Magma (Campo da Festa do Castiñeiriño) o domingo 24

Aínda que quizais o máis agardado será o espectáculo pirotécnico que se poderá desfrutar dende diferentes puntos da cidade: na Alameda, no parque Eugenio Granell, na Cidade da Cultura, nas Cancelas e no parque de Carlomagno.

Outras actividades

Aínda que a música continuará ata o domingo 31, non será a única en subirse ao escenario. Tamén se contará con outras actividades como XLIV Torneo de chave, Festival Gaelic GP Series 2022 (en Belvís), encontros de xigantes e cabezudos, Cinema no Parque, espectáculos de circo, alboradas a cargo de diferentes asociacións veciñais, concentración de automóviles antigos e concurso de traxes de época, Xornadas de Folclore Galego, o Trad Fest e moito máis.

Se queres saber máis podes consultar a programación completa das festas facendo clic aquí.

Noticias relacionadas

Día Mundial do Enoturismo: así se percorre Galicia a través da cultura do viño 5 nov

Día Mundial do Enoturismo: así se percorre Galicia a través da cultura do viño

05/11/2024 Las Bodeguillas
Cada segundo domingo do mes de novembro, dende fai quince edicións, celébrase o Día Mundial do Enoturismo ca fin de dar a coñecer a tradición do viño así como destacar a importancia das rexións polas que se estende dende o punto de vista económico e cultural.  Por iso, para festexar o 10 de
Un Samaín en Compostela acompañado de moita música 29 oct

Un Samaín en Compostela acompañado de moita música

29/10/2024 Las Bodeguillas
O outono trae consigo unha das datas máis misteriosas do ano. Aínda que o Halloween de máis alá das nosas fronteiras é unha festividade á que non lle facemos feos, nós somos máis de celebrar o Samaín. Como non podía ser doutro xeito, Santiago de Compostela énchese de propostas para todas as idades
Cinco espazos verdes para pasear en Compostela 3 sep

Cinco espazos verdes para pasear en Compostela

03/09/2024 Las Bodeguillas
Compostela é coñecida pola historia da súa zona vella e polo ritmo frenético das súas rúas más novas. Porén, a cidade ofrece moreas de recunchos verdes, tranquilos e perfectos para desfrutar dun agradable paseo mentres fuximos, un chisco, do axetreo diario da capital. Parque da Alameda É un
O primeiro peregrino, o curioso uso do Botafumeiro e a hora do demo: tres lendas de Compostela que quizais non coñecías 8 ago

O primeiro peregrino, o curioso uso do Botafumeiro e a hora do demo: tres lendas de Compostela que quizais non coñecías

08/08/2024 Las Bodeguillas
Santiago de Compostela foi declarada Patrimonio Cultural da Humanidade pola UNESCO no 1985. Esta decisión tomouse ao considerar que á súa beleza urbana e integridade monumental se engadían ecos da súa significación espiritual como santuario apostólico e destino do máis importante movemento