Amada e odiada por partes iguais, a rutina retorna ás nosas vidas coa chegada de setembro. Xunto a ela, as sabores e cores de outono comezan a deixarse ver nos primeiros días do mes. E, como non podía ser doutra forma, dende as Bodeguillas decidímosnos a facer algunha que outra recomendación para eses instantes nos que apetece fuxir, aínda que só sexa un chisco e a través dunha elaboración culinaria, do regreso á normalidade.
Propostas carnívoras
Para os amantes insaciables da carne de calidade, temos variadas e moi ricas opcións para vós. Recomendámosvos, por exemplo, a grellada de porco de beloca 100% ou o solombo de porco de belota 100% ibérico con rulo de cabra e cebola confitada. Aínda que se queres probar algo diferente, a hamburguesa de Black Angus, queixo do Cebreiro e cebola confitada é para ti. Prometemos que non haberá arrepentimentos!
E, entre as suxestións do chef atópanse o solombo ibérico en salsa de marmelo e améndoas ou as carrilleiras 100% ibéricas ao Mencía con arroz.
Algo máis lixeiro
Se queredes recuperar eses hábitos saudables que se adoitan descoidar un chisco en verán, unha ensalada de queixo con noces, pasas e kiwi será a elaboración ideal. Ou tamén o irresistible salteado de boletus á crema con lagostino.
Por outra banda, se estades a buscar algo para picar, temos bloc de fígado de pato enteiro, paté de caviar ou rilletes de pato, irresistibles!
Sobremesas irresistibles
Unha boa comida non pode rematar ben sen unha boa sobremesa. Algunhas propostas ineludibles nas nosas Bodeguillas son o tradicional queixo Arzúa-Ulloa con marmelo, a tarta de améndoa, flan de toffe con noces, tarta caseira de queixo ao forno, xeado de queixo con marmelo ou un orixinal tiramisú con castañas.
Agora que xa tes unha pequena idea de todos os sabores cos que te podes encontrar nas Bodeguillas, a que agardas para visitarnos? Estamos na Avenida da Liberdade, no barrio de Santa Marta, e na Rúa de San Lázaro. Aínda que se o prefires, tamén podes consultar a nosa carta para take away.