Logo Calidad TurísticaLogo XacobeoLogo Marca Galicia
Las Bodeguillas de Santiago de Compostela

5 plans que non podes perderte en Compostela en xuño

Publicado: 08 de junio de 2022, 14:18
  1. Las Bodeguillas
5 plans que non podes perderte en Compostela en xuño

É ben sabido que Santiago de Compostela é un centro neurálxico cultural. Con decenas de propostas para celebrar a arte e a música e coas temperaturas e o tempo agradable de xuño, o comezo do verán é o momento perfecto para desfrutar da cidade e todo o que ten por ofrecer. Hoxe falámosvos sobre cinco plans ineludibles!

Obxectos de deseño. Surrealismo e deseño 1924-2020

Se sodes afeccionados ás obras de artistas como Salvador Dalí ou Le Corbusier, o Museo Centro Gaiás, na Cidade da Cultura, conta cunha exposición que está a agardar por vós. A exhibición “Obxectos de desexo. Surrealismo e deseño 1924-2020” é un diálogo entre o surrealismo e a súa influencia, desapercibida para moitos, no deseño.

A mostra conta cunha escolma de máis de 280 obras que van dende a pintura e a escultura, até obxectos, carteis, revistas, libros, fotografías, películas históricas e vídeos. A maioría delas proceden do Vitra Design Museum, en Alemaña, pero tamén conta con pezas procedentes de fundacións e museos internacionais como o Fundazione Giorgio e Isa de Chirico, San Diego Museo of Art, West Dean College, Museo Casa Mollino, Fondazione Achille Castiglioni ou Design Museum en Bosch.

A entrada é de balde e pode visitarse de martes a domingo, de 10.00 a 20.00 horas, no segundo andar do Museo Centro Gaiás. 

Compostela Diversa

Co gallo da celebración do Día Internacional do Orgullo LGBT, o vindeiro 28 de xuño terá lugar Compostela Diversa, unha serie de accións e actividades que pretenden posicionar a capital galega como un referente de acollida, apostando por accións globais e inclusivas que axuden a avanzar na consecución dos dereitos, a visibilidade e a normalización da vida de todo o colectivo. 

As actividades irán dende o luns 13 de xuño e até o vindeiro domingo 3 de xullo. Poderá disfrutarse de “Educar(se) na diversidade” na Casa Xohana Torres, a proxección do documental “Persoas S.A.” no CGAC ou “Historia e memoria da desidencia ecual en Galicia (1880-1980)” no Teatro Principal.

Aquí pódese consultar a programación completa e as datas.

Cidades no tempo

Dende o pasado venres e até o vindeiro 10 de setembro, a Sede Afundación de Santiago de Compostela acolle a exposición Cidades no tempo. Catalogada como unha das propostas máis complexas e ambiciosas organizadas en Galicia nos últimos anos, está composta por sete mostras diferentes, unha por cada unha das principais cidades galegas.

O obxectivo da mesma e a reivindicación da Galicia urbana como compoñente chave da identidade galega, cun legado que se remonta séculos atrás na historia, mediante a exploración do modelo urbano da comunidade. A mostra, malia que comeza en Compostela, percorrerá a xeografía galega, pasando por Lugo, A Coruña, Vigo, Ferrol, Pontevedra e Ourense, extendéndose até 2024.

A mostra ten un horario de luns a sábado, de 11.30 a 13.30 horas e de 17.00 a 20.30 horas, coa entrada gratuita.

Xornadas de Música Contemporánea 2022

Pola contra, se estades á busca dun plan que estea dominado pola música, as Xornadas de Música Contemporánea son ideais. Estas teñen como obxectivo a promoción das últimas tendencias e a innovación da música contemporánea, poñéndoa en valor ao carón dos xa considerados clásicos do século XX. 

Esta edición, que conta coa Joven Orquesta Nacional de España (JONDE) como Orquestra Residente, estenderase até o mércores 22 de xuño e inundará de música o Auditorio de Galicia, o CGAC, o Teatro Principal e a Praza das Praterías.

SELIC 2022

Para os amantes da lectura, o Día do Libro adoita saber a pouco. Por iso, teñen unha cita coa Semana do Libro de Compostela (SELIC) 2022. A celebración dará comezo o venres día 10 e até o vindeiro domingo 19. 

A SELIC celebra a súa sexta edición cunha chea de actividades para toda a familia: presentacións, firmas de exemplares, visitas guiadas pola cidade, espectáculos infantís, actuacións musicais, mesas redondas, obradoiros e moito máis. 

Con estes cinco plans teremos un mes de xuño repleto de actividades e plans culturais para desfrutar na cidade de Compostela e que, ademais, sempre poden comezar ou rematar cunha boa comida nas nosas Bodeguillas.

Noticias relacionadas

As Bodeguillas en Santiago(e´)Tapas 11 feb

As Bodeguillas en Santiago(e´)Tapas

11/02/2025 Las Bodeguillas
Este xoves 13 de febreiro comeza o XVI Santiago(e´)Tapas, o concurso gastronómico organizado por Turismo de Santiago no que participan 42 locais da cidade compostelá. Como en cada edición, aqueles que completen as rutas do certame poderán optar a distintos premios, os cales se poderán recoller ata
Sabores sen glute para todos 31 ene

Sabores sen glute para todos

31/01/2025 Las Bodeguillas
Nas Bodeguillas de San Lázaro e Santa Marta, entendemos a importancia de desfrutar dunha experiencia gastronómica completa, sen preocupacións nin limitacións. Por iso, contamos cunha carta sen glute deseñada para sorprender a todos os padais, sen perder un ápice de sabor e a calidade que nos
Este Nadal regala Bodeguillas! A experiencia gastronómica que todos quererán recibir 27 dic

Este Nadal regala Bodeguillas! A experiencia gastronómica que todos quererán recibir

27/12/2024 Las Bodeguillas
Este Nadal, sorprende os teus seres queridos con algo máis que un regalo tradicional. Nas Bodeguillas de San Lázaro e Santa Marta, ofrecémosche a oportunidade de regalar produtos de alta calidade, que farán as delicias de calquera padal. Que mellor forma de celebrar estas festas que con un estoxo
Día Mundial do Enoturismo: así se percorre Galicia a través da cultura do viño 5 nov

Día Mundial do Enoturismo: así se percorre Galicia a través da cultura do viño

05/11/2024 Las Bodeguillas
Cada segundo domingo do mes de novembro, dende fai quince edicións, celébrase o Día Mundial do Enoturismo ca fin de dar a coñecer a tradición do viño así como destacar a importancia das rexións polas que se estende dende o punto de vista económico e cultural.  Por iso, para festexar o 10 de