Logo Calidad TurísticaLogo XacobeoLogo Marca Galicia
Las Bodeguillas de Santiago de Compostela

Las Bodeguillas - Página 6

Noticias y novedades de Las Bodeguillas de San Roque, San Lázaro y Santa Marta. Restaurantes en Santiago de Compostela.

VENDA DE ENTRADAS | REVERA VINUM 2022    16 mar

VENDA DE ENTRADAS | REVERA VINUM 2022

16/03/2022

Merca a tuas entradas para o Revera Vinum 2022 As Bodeguillas REGALACHE una entrada por cada outra que merques para o I Encontro do ViñoGalego Revera Vinum que terá lugar os próximos22, 23 e 24 de marzo en Santiago de Compostela comprar ahora          

Leer más

Compostela acolle do 22 ao 24 de marzo o I Encontro do Viño Galego 15 mar

Compostela acolle do 22 ao 24 de marzo o I Encontro do Viño Galego

15/03/2022

Dende o martes día 22 e até o xoves día 24, o Hotel Monumento San Francisco recibirá os viños de máis de cento oitenta adegas nun evento que aglutinará a todo o sector vitivinícola de Galicia. O I Encontro do Viño Galego Revera Vinum, permitirá, ademais, desfrutar de distintas actividades paralelas por toda a cidade.  O sector vitivinícola de Galicia conta con máis de cento oitenta adegas e máis de cincocentos viños. Esta cita pretende dar a coñecer e difundir os diferentes viños galegos, tanto...

Leer más

A familia das Bodeguillas cumprimos 35 anos xunto a vós 14 feb

A familia das Bodeguillas cumprimos 35 anos xunto a vós

14/02/2022

Semella que o tempo non pasa, mais cando botamos a ollada atrás, xa se sucederon trinta e cinco anos dende que decidimos iniciar a maior aventura das nosas vidas: abrir as portas das Bodeguillas que tantas alegrías nos teñen dado ao longo destas últimas tres décadas e ás que tan agradecidos lle estamos. Para os clientes que máis anos levan con nós e os cales xa forman parte desta pequena gran familia das Bodeguillas, a historia sonaralles coñecida. O primeiro dos nosos establecementos en ver a ...

Leer más

Unha cociña universal: todas as nosas opcións gluten free 17 ene

Unha cociña universal: todas as nosas opcións gluten free

17/01/2022

Somos dos que cren que a cociña é unha arte universal. Gústanos que todo o mundo poida saborear os nosos pratos que con tanto mimo e coidado facemos. Por iso, temos tamén carta sen glute para que ningunha intolerancia ou alerxia se antepoña a desfrutar de elaboracións únicas e de calidade. Entre as suxerencias gluten free do chef destaca, sen dúbida, o produto procedente do mar. Na Bodeguilla de Santa Marta poderemos atopar un delicioso salpicón de rape e marisco ou un rape con lagostinos ao ca...

Leer más

Merca e desfruta local: todo o que Santiago nos ofrece este Nadal 13 dic

Merca e desfruta local: todo o que Santiago nos ofrece este Nadal

13/12/2021

Malia que Vigo é a protagonista galega cando se fala de Nadal, Santiago de Compostela non lle ten nada que envexar á cidade olívica: mercadiños de artesanía, espectáculos musicais para divertirse en familia, espectáculos de luces, beléns tradicionais e moito máis que che explicamos aquí. Mercados de Nadal Un clásico desta época en Compostela e que xa podemos visitar é o Mercado de Nadal na rúa Carreira do Conde ao que se suma, a partires do 26 de decembro e até a véspera de Reis, o mercado de ...

Leer más

Un bocado de mar e outro da terra: as nosas apostas para o XIII Santiago(é)Tapas 11 nov

Un bocado de mar e outro da terra: as nosas apostas para o XIII Santiago(é)Tapas

11/11/2021

Despois do lapsus do 2020, hoxe arranca Santiago(é)Tapas coa súa décimo terceira edición e, como non podía ser doutro xeito, estamos a participar neste encontro tan esperado. A cita coas diferentes tapas santiaguesas, promovida por Turismo de Santiago e organizada pola Asociación Hostalaría Compostela, estenderase até o domingo 28 deste mes, así que non tes excusa para non probar o sabor da nosa gastronomía local. As nosas dúas propostas para este certame son dúas versión de pratos tradicionais...

Leer más