Logo Calidad TurísticaLogo XacobeoLogo Marca Galicia
Las Bodeguillas de Santiago de Compostela

5 tixolas para celebrar que xa é primavera

Publicado: 09 de mayo de 2022, 13:40
  1. Las Bodeguillas
5 tixolas para celebrar que xa é primavera

Co bo tempo que está a vir estes días, cada vez apetece máis facer plans fóra da casa. Sen dúbida, desfrutar de boa comida e cunha compañía inmellorable é unha das combinacións favoritas de calquera persoa. E, máis aínda, se son opcións fresquiñas e lixeiras. Hoxe presentámosche 5 tixolas para celebrar que xa é primavera. 

Arroces

Na Bodeguilla de San Lázaro poderás atopar dúas propostas de tixola co arroz como protagonista ás que é imposible dicirlles que non. A primeira, un arroz con rape e lagostinos con produtos de primeira calidade e, a segunda, para os que queren fuxir de pratos convencionais, un arroz negro de sepia. Moi similar a esta primera proposta, en Santa Marta, poderás probar unha tixola de arroz con vieiras e lagostinos.

De mar

Como xa se pode intuír, un dos grandes protagonistas das nosas tixolas é o mar. Tamén na carta da Bodeguilla de Santa Marta atoparás unha tixola deliciosa con polbo e lagostinos ou un salteado de setas shitake con lagostinos. Aínda que se queres algo máis de terra e que de seguro lle gusta a todo o mundo, tes a opción de ovos campeiros, xamón ibérico e queixo gratinado.

Cunha compañía doce

Aínda que somos fieis defensores dos pratos para compartir e, as tixolas, son perfectas para iso, sabemos que a sobremesa quererala só para ti. Calquera destas cinco tixolas fan un combo de dez cunhas trufas de chocolate, un tiramisú con castañas, unha tarta caseira de queixo ao forno, unha tarta de chocolate branco e queixo con coulís de amorodos ou unha clásica tarta de Santiago.

Non agardes máis e consulta aquí as posibilidades da Bodeguilla de Santa Marta e San Lázaro.

Noticias relacionadas

As Bodeguillas en Santiago(e´)Tapas 11 feb

As Bodeguillas en Santiago(e´)Tapas

11/02/2025 Las Bodeguillas
Este xoves 13 de febreiro comeza o XVI Santiago(e´)Tapas, o concurso gastronómico organizado por Turismo de Santiago no que participan 42 locais da cidade compostelá. Como en cada edición, aqueles que completen as rutas do certame poderán optar a distintos premios, os cales se poderán recoller ata
Sabores sen glute para todos 31 ene

Sabores sen glute para todos

31/01/2025 Las Bodeguillas
Nas Bodeguillas de San Lázaro e Santa Marta, entendemos a importancia de desfrutar dunha experiencia gastronómica completa, sen preocupacións nin limitacións. Por iso, contamos cunha carta sen glute deseñada para sorprender a todos os padais, sen perder un ápice de sabor e a calidade que nos
Este Nadal regala Bodeguillas! A experiencia gastronómica que todos quererán recibir 27 dic

Este Nadal regala Bodeguillas! A experiencia gastronómica que todos quererán recibir

27/12/2024 Las Bodeguillas
Este Nadal, sorprende os teus seres queridos con algo máis que un regalo tradicional. Nas Bodeguillas de San Lázaro e Santa Marta, ofrecémosche a oportunidade de regalar produtos de alta calidade, que farán as delicias de calquera padal. Que mellor forma de celebrar estas festas que con un estoxo
Día Mundial do Enoturismo: así se percorre Galicia a través da cultura do viño 5 nov

Día Mundial do Enoturismo: así se percorre Galicia a través da cultura do viño

05/11/2024 Las Bodeguillas
Cada segundo domingo do mes de novembro, dende fai quince edicións, celébrase o Día Mundial do Enoturismo ca fin de dar a coñecer a tradición do viño así como destacar a importancia das rexións polas que se estende dende o punto de vista económico e cultural.  Por iso, para festexar o 10 de