Logo Calidad TurísticaLogo XacobeoLogo Marca Galicia
Las Bodeguillas de Santiago de Compostela

Las Bodeguillas - Página 3

Noticias y novedades de Las Bodeguillas de San Roque, San Lázaro y Santa Marta. Restaurantes en Santiago de Compostela.

Dende Iribarne a Guadi Galego: catro actividades culturais de xaneiro en Compostela 9 ene

Dende Iribarne a Guadi Galego: catro actividades culturais de xaneiro en Compostela

09/01/2024

Ano Novo e chegan milleiros de propostas culturais á cidade. Dende as Bodeguillas, propoñémosvos catro plans, que van dende o teatro até a música, para desfrutar de Santiago de Compostela no mes de xaneiro. Iribarne Iribarne é unha sátira irreverente sobre Fraga, con texto de Esther Carrodeguas e dirección de Xavier Castiñeda. A obra de teatro foi coproducida polo Centro Dramático Nacional, ButacaZero e Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia. Estreouse o pasado 12 de outubro en Madrid e a...

Leer más

4 propostas para recibir o 2024 en Compostela 26 dic

4 propostas para recibir o 2024 en Compostela

26/12/2023

A escasos días de rematar o 2023, nas Bodeguillas xa estamos a pensar en todo o que nos deparará o vindeiro ano. Aínda que pola nosa parte prometemos bos momentos en San Lázaro e Santa Marta en boa compañía e con moito sabor, a cidade de Santiago de Compostela non se queda atrás con todo o que xa nos está a propoñer para os primeiros días do 2024. X Edición da Carreira San Silvestre e festa de Fin de Ano Sen ir máis lonxe, a cidade propónnos despedir -e recibir- o ano aos pés da Catedral. Dura...

Leer más

5 datas que non te podes perder en Compostela 13 nov

5 datas que non te podes perder en Compostela

13/11/2023

Son centos de propostas as que nos brinda Santiago de Compostela. Coa chegada de novembro e o seu tempo, os plans seguen a rodar e a choiva non vai impedir que desfrutemos da cidade dende os seus diferentes prismas. Se non sabes que facer nestas semanas de outono, colle boli e lapis porque aquí van cinco datas que non te deberías perder. Outono Códax Festival 2023 Dende comezos de mes e até o vindeiro sábado 25 de novembro, Santiago está celebrando o Outono Códax Festival, o festival de música...

Leer más

5 pratos nos que atoparás o outono en cada bocado 29 oct

5 pratos nos que atoparás o outono en cada bocado

29/10/2023

No recuncho gastronómica que é este blog das Bodeguillas de San Lázaro e Santa Marta non puidemos resistirnos a explorar os sabores e os aromas da estación que estamos atravesando. O outono é unha época fermosa, corida con tons ocres da que non podemos desaproveitar todos os ingredientes de temporada e inspiración culinaria que nos ofrece. Por iso, é necesario facer un breve resumo de todas as deliciosas receitas que preparamos cos mellores ingredientes e materias primas características desta te...

Leer más

Volta a Compostela: 5 imprescindibles na axenda cultural de setembro 18 sep

Volta a Compostela: 5 imprescindibles na axenda cultural de setembro

18/09/2023

Ben é sabido que a chegada de setembro é sinónimo de volta á rutina, aos centros escolares e ao fogar. Malia que algúns aborrecen a fin do verán, outros encontran nela os novos inicios e novas oportunidades características desta tempada. Como non podía ser doutro modo, retornar á cidade tamén é unha ocasión para retomar contacto coas diferentes actividades culturais que esta nos ofrece. Festival MARÉ- Músicas e Artes Atlánticas 2023 Do 20 ao 24 de setembro será posible desfrutar do festival MA...

Leer más

Un menú para combater as altas temperaturas 22 ago

Un menú para combater as altas temperaturas

22/08/2023

Cando se trata de combater o calor, non hai nada mellor que saborear unha proposta gastronómica moi fresca e acompañada dun bo refrixerio para hidratarnos. Nas Bodeguillas de San Lázaro e Santa Marta tomámonos moi en serio a cociña e, hoxe, contámosche todo do que podes desfrutar sen abafar coas altas temperaturas. Unha proposta que nunca fallará son os embutidos e queixos. Con nós poderás gozar de táboas de embutidos ibéricos e unha selección de queixos galegos, entre outras moitas posibilidad...

Leer más