Logo Calidad TurísticaLogo XacobeoLogo Marca Galicia
Las Bodeguillas de Santiago de Compostela

4 propostas para recibir o 2024 en Compostela

Publicado: 26 de diciembre de 2023, 16:19
  1. Las Bodeguillas
4 propostas para recibir o 2024 en Compostela

A escasos días de rematar o 2023, nas Bodeguillas xa estamos a pensar en todo o que nos deparará o vindeiro ano. Aínda que pola nosa parte prometemos bos momentos en San Lázaro e Santa Marta en boa compañía e con moito sabor, a cidade de Santiago de Compostela non se queda atrás con todo o que xa nos está a propoñer para os primeiros días do 2024.

X Edición da Carreira San Silvestre e festa de Fin de Ano

Sen ir máis lonxe, a cidade propónnos despedir -e recibir- o ano aos pés da Catedral. Durante a tarde do domingo 31, celebrarase a décima edición da Carreira San Silvestre de Santiago de Compostela. Esta comezará na Avenida Xoan XXIII e concluirá coa entrega de premios na Praza do Obradoiro.

Xa durante a noite, aqueles que se animen a achegarse ao Obradoiro a escoitar as badaladas de medianoite da Berenguela poderán desfrutar de música, baile e festa a rachar. E, ademais, recibirán cotillón e uvas de balde.

Un paseo polas estrelas

Xa é habitual, coa chegada destas datas, a iluminación da Alameda dun xeito moi especial. Ata o 7 de xaneiro, a partir das 18.00 horas, as personaxes ilustres que nos podemos atopar neste enclave, estarán iluminadas con luz e cor.

E, aínda que toda a cidade está engalanada, non podemos esquecernos de visitar a Praza da Quintana para descubrir o seu lenzo de estrelas.

Moitos obradoiros para os máis pequenos

Durante estas datas, os pequenos e pequenas da casa poderán desfrutar dun sinfín de obradoiros gratuítos. Entre eles, pódense atopar obradoiros de resina, de sombreiros divertidos, de luces de Nadal, serigrafía nadaleña, de candeas para alumar a noite de Reis ou de Cantos de Nadal.

Cabalgata e recepción dos Reis Magos

Como non podía ser doutro xeito, os Reis Magos de Oriente percorrerán as rúas de Compostela até chegar á praza do Obradoiro. O encontro terá lugar a partir das 17.00 horas, con saída da Avenida de Ferrol. Logo do traxecto, arredor das 19.00 horas, as Súas Maxestades recibirán a todos os nenos e nenas que queiran achegarse no Pazo de Raxoi.

Se a maxia do Nadal fose pouca, nos últimos días, do 3 ao 7 de xaneiro, no Multiusos Fontes do Sar, o Circo do Sol deleitará aos asistentes cun mundo oculto e cheo de contrastes co seu espectáculo OVO.

Se quedaches con ganas de saber máis de todas as actividades que a cidade de Santiago ofrece neste Nadal, preme aquí para consultalas todas.

Noticias relacionadas

Sabores sen glute para todos 31 ene

Sabores sen glute para todos

Hace 10 horas Las Bodeguillas
Nas Bodeguillas de San Lázaro e Santa Marta, entendemos a importancia de desfrutar dunha experiencia gastronómica completa, sen preocupacións nin limitacións. Por iso, contamos cunha carta sen glute deseñada para sorprender a todos os padais, sen perder un ápice de sabor e a calidade que nos
Este Nadal regala Bodeguillas! A experiencia gastronómica que todos quererán recibir 27 dic

Este Nadal regala Bodeguillas! A experiencia gastronómica que todos quererán recibir

27/12/2024 Las Bodeguillas
Este Nadal, sorprende os teus seres queridos con algo máis que un regalo tradicional. Nas Bodeguillas de San Lázaro e Santa Marta, ofrecémosche a oportunidade de regalar produtos de alta calidade, que farán as delicias de calquera padal. Que mellor forma de celebrar estas festas que con un estoxo
Día Mundial do Enoturismo: así se percorre Galicia a través da cultura do viño 5 nov

Día Mundial do Enoturismo: así se percorre Galicia a través da cultura do viño

05/11/2024 Las Bodeguillas
Cada segundo domingo do mes de novembro, dende fai quince edicións, celébrase o Día Mundial do Enoturismo ca fin de dar a coñecer a tradición do viño así como destacar a importancia das rexións polas que se estende dende o punto de vista económico e cultural.  Por iso, para festexar o 10 de
Un Samaín en Compostela acompañado de moita música 29 oct

Un Samaín en Compostela acompañado de moita música

29/10/2024 Las Bodeguillas
O outono trae consigo unha das datas máis misteriosas do ano. Aínda que o Halloween de máis alá das nosas fronteiras é unha festividade á que non lle facemos feos, nós somos máis de celebrar o Samaín. Como non podía ser doutro xeito, Santiago de Compostela énchese de propostas para todas as idades