Logo Calidad TurísticaLogo XacobeoLogo Marca Galicia
Las Bodeguillas de Santiago de Compostela

5 datas que non te podes perder en Compostela

Publicado: 13 de noviembre de 2023, 13:40
  1. Las Bodeguillas
5 datas que non te podes perder en Compostela

Son centos de propostas as que nos brinda Santiago de Compostela. Coa chegada de novembro e o seu tempo, os plans seguen a rodar e a choiva non vai impedir que desfrutemos da cidade dende os seus diferentes prismas. Se non sabes que facer nestas semanas de outono, colle boli e lapis porque aquí van cinco datas que non te deberías perder.

Outono Códax Festival 2023

Dende comezos de mes e até o vindeiro sábado 25 de novembro, Santiago está celebrando o Outono Códax Festival, o festival de música negra que está a reunir a representantes do soul, jazz, swing ou blues como Sunny War, Pokey Lafarge, Sarah Shook & The Disarmers, Dylan Leblanc, Kassi Valazza, Nick Waterhouse, Nikki Hill ou The Beat from Palookaville, entre outros.

Podes consultar a programación completa aquí.

Festival Cineuropa 2023

O cine europeo toma protagonismo en Santiago de Compostela con proxeccións, charlas e a oportunidade de interactuar con cineastas destacados. O festival Cineuropa arrancou o pasado xoves 9 de novembro e estenderase até o sábado 25. 

O certame está a presentar 115 filmes e numerosas actividades paralelas que van dende concertos e proxeccións especiais até mesas redondas e obradoiros arredor do cinema. O Teatro Principal, o Salón Teatro, o Auditorio de Galicia, NUMAX, Multicines Compostela, o CGAC e a Zona C son os espazos nos que se están a proxectar e realizar as actividades desta edición.

Consulta aquí a programación completa.

Museo en familia

Ata o mes de decembro, o Museo das Peregrinacións e de Santiago está a celebrar a sexta edición do programa “Museo en Familia”. Con esta iniciativa e cunha programación variada, pertende ser un espazo de encontro cultural destinado a todos os públicos, con especial atención aos nenos e nenas do seu entorno familiar.

A proposta en detalle, aquí.

Botamos un baile?

A Biblioteca de Galicia, na Cidade da Cultura, vén de estrear a exposición “Botamos un baile? Un século de orquestras de verbena en Galicia”. A mostra conta con programas de festas, fotografías, discos de vinilo, casetes, CDs e sobre todo, carteis, que pretenden achegar esta parte dos fondos da institución, pouco ou nada tratados academicamente, aínda que contan cunha fonda pegada na sociedade galega.

Consulta aquí os detalles da mostra. 

Luces de Nadal

Para despedir o mes de novembro e recibir unha das tempadas máis agardadas do ano, o 1 de decembro a cidade acenderá as súas luces. Aínda que non se coñecen todos os datos de como discorrerá este Nadal en Compostela, promete ser tan especial e máxica como en pasadas edicións.

Noticias relacionadas

Sabores sen glute para todos 31 ene

Sabores sen glute para todos

31/01/2025 Las Bodeguillas
Nas Bodeguillas de San Lázaro e Santa Marta, entendemos a importancia de desfrutar dunha experiencia gastronómica completa, sen preocupacións nin limitacións. Por iso, contamos cunha carta sen glute deseñada para sorprender a todos os padais, sen perder un ápice de sabor e a calidade que nos
Este Nadal regala Bodeguillas! A experiencia gastronómica que todos quererán recibir 27 dic

Este Nadal regala Bodeguillas! A experiencia gastronómica que todos quererán recibir

27/12/2024 Las Bodeguillas
Este Nadal, sorprende os teus seres queridos con algo máis que un regalo tradicional. Nas Bodeguillas de San Lázaro e Santa Marta, ofrecémosche a oportunidade de regalar produtos de alta calidade, que farán as delicias de calquera padal. Que mellor forma de celebrar estas festas que con un estoxo
Día Mundial do Enoturismo: así se percorre Galicia a través da cultura do viño 5 nov

Día Mundial do Enoturismo: así se percorre Galicia a través da cultura do viño

05/11/2024 Las Bodeguillas
Cada segundo domingo do mes de novembro, dende fai quince edicións, celébrase o Día Mundial do Enoturismo ca fin de dar a coñecer a tradición do viño así como destacar a importancia das rexións polas que se estende dende o punto de vista económico e cultural.  Por iso, para festexar o 10 de
Un Samaín en Compostela acompañado de moita música 29 oct

Un Samaín en Compostela acompañado de moita música

29/10/2024 Las Bodeguillas
O outono trae consigo unha das datas máis misteriosas do ano. Aínda que o Halloween de máis alá das nosas fronteiras é unha festividade á que non lle facemos feos, nós somos máis de celebrar o Samaín. Como non podía ser doutro xeito, Santiago de Compostela énchese de propostas para todas as idades