Logo Calidad TurísticaLogo XacobeoLogo Marca Galicia
Las Bodeguillas de Santiago de Compostela

Un menú para combater as altas temperaturas

Publicado: 22 de agosto de 2023, 12:31
  1. Las Bodeguillas
Un menú para combater as altas temperaturas

Cando se trata de combater o calor, non hai nada mellor que saborear unha proposta gastronómica moi fresca e acompañada dun bo refrixerio para hidratarnos. Nas Bodeguillas de San Lázaro e Santa Marta tomámonos moi en serio a cociña e, hoxe, contámosche todo do que podes desfrutar sen abafar coas altas temperaturas.

Unha proposta que nunca fallará son os embutidos e queixos. Con nós poderás gozar de táboas de embutidos ibéricos e unha selección de queixos galegos, entre outras moitas posibilidades.

Se es dos que lle agrada compartir os pratos para probar sabores diferentes, entón temos elaboracións para abrir boca e compartir que non poderás rexeitar. Recomendámosche as anchoas do Cantábrico de Cupo con pementos asados e AOVE, queixo de Arzúa-Ulloa con anchoas do Cantábrico ou un innegociable como o pan con tomate.

Como non podía ser doutro xeito, nesta época de verán, evitamos as comidas copiosas e tendemos a achegarnos a propostas máis lixeiras. É así que te poderás atopar con diferentes ensaladas que nada lle teñen que envexar a outras creacións. Suxerímosche a ensalada de queixo de cabra con cebola caramelizada, a ensalada de queixos con noces pasas e kiwi, a ensalada de bacallau, gulas, picatostes e tomate confeitado ou a ensalada de tomate Raff, espárrago, ventresca e vinagreta. Unha vez as probes, non deixarás de pedilas!

E, se algo se caracteriza por ser refrescante, é a sobremesa. Coas Bodeguillas atoparás doces como trufas de chocolate, tiramisú con castañas, tarta de chocolate brancho e queixo con coulís de amorodos, browmie de chocolate con noces e xeado de mandarina, cañas do Carballiño recheas de crema pasteleira, coulant de chocolate con xeado de mandarina, torrija con xeado de canela e crema inglesa, flan de toffee con noces, tarta caseira de queixo ao forno ou morte por chocolate con xeado de nata entre outras moitísimas opcións.

Pola contra, se o que queres é desfrutar dunha bebida refrescante, contamos cunha ampla carta. Poderás atopar cervexas especiais, diferentes vermús, augardentes e licores e outros combinados con vodkas, xenebras, ron e tónicas especiais. Iso si, os indispensables que debes coñecer nas Bodeguillas son todos os viños da nosa bodega.

Se queres botarlle unha ollada as diferentes propostas que tes nas nosas Bodeguillas non tes máis que pinchar aquí para Santa Marta e aquí para San Lázaro.

 

Noticias relacionadas

As Bodeguillas en Santiago(e´)Tapas 11 feb

As Bodeguillas en Santiago(e´)Tapas

11/02/2025 Las Bodeguillas
Este xoves 13 de febreiro comeza o XVI Santiago(e´)Tapas, o concurso gastronómico organizado por Turismo de Santiago no que participan 42 locais da cidade compostelá. Como en cada edición, aqueles que completen as rutas do certame poderán optar a distintos premios, os cales se poderán recoller ata
Sabores sen glute para todos 31 ene

Sabores sen glute para todos

31/01/2025 Las Bodeguillas
Nas Bodeguillas de San Lázaro e Santa Marta, entendemos a importancia de desfrutar dunha experiencia gastronómica completa, sen preocupacións nin limitacións. Por iso, contamos cunha carta sen glute deseñada para sorprender a todos os padais, sen perder un ápice de sabor e a calidade que nos
Este Nadal regala Bodeguillas! A experiencia gastronómica que todos quererán recibir 27 dic

Este Nadal regala Bodeguillas! A experiencia gastronómica que todos quererán recibir

27/12/2024 Las Bodeguillas
Este Nadal, sorprende os teus seres queridos con algo máis que un regalo tradicional. Nas Bodeguillas de San Lázaro e Santa Marta, ofrecémosche a oportunidade de regalar produtos de alta calidade, que farán as delicias de calquera padal. Que mellor forma de celebrar estas festas que con un estoxo
Día Mundial do Enoturismo: así se percorre Galicia a través da cultura do viño 5 nov

Día Mundial do Enoturismo: así se percorre Galicia a través da cultura do viño

05/11/2024 Las Bodeguillas
Cada segundo domingo do mes de novembro, dende fai quince edicións, celébrase o Día Mundial do Enoturismo ca fin de dar a coñecer a tradición do viño así como destacar a importancia das rexións polas que se estende dende o punto de vista económico e cultural.  Por iso, para festexar o 10 de