Logo Calidad TurísticaLogo XacobeoLogo Marca Galicia
Las Bodeguillas de Santiago de Compostela

Dende Iribarne a Guadi Galego: catro actividades culturais de xaneiro en Compostela

Publicado: 09 de enero de 2024, 17:51
  1. Las Bodeguillas
Dende Iribarne a Guadi Galego: catro actividades culturais de xaneiro en Compostela

Ano Novo e chegan milleiros de propostas culturais á cidade. Dende as Bodeguillas, propoñémosvos catro plans, que van dende o teatro até a música, para desfrutar de Santiago de Compostela no mes de xaneiro.

Iribarne

Iribarne é unha sátira irreverente sobre Fraga, con texto de Esther Carrodeguas e dirección de Xavier Castiñeda. A obra de teatro foi coproducida polo Centro Dramático Nacional, ButacaZero e Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia. Estreouse o pasado 12 de outubro en Madrid e agora chega ata Compostela da man dos seus seis intérpretes: Xurxo Cortázar, Jorge de Arcos, Mónica García, Anxo Outumuro, Lidia Veiga e Carrodeguas.

A peza, que chega á capital galega o sábado 20 de xaneiro, foi descrita como extremadamente divertida, moi tola e moi teatral de ver.

Teatro para os pequenos da casa

Neste mes, os nenos e nenas tamén terán o seu momento para desfrutar do teatro de balde. Entre outras propostas, atópase A caixa de Pandora. Este é un espectáculo de maxia con variedade de efectos máxicos e que é unha viaxe polos diferentes elementos do ilusionismo.

O encontro coa maxia e os rapaces de 3 a 8 anos será o sábado día 13 de xaneiro ás 12.00 horas na Biblioteca Pública Ánxel Casal.

Nesta mesma biblioteca, o sábado 20 os nenos de 3 a 8 anos poderán escoitar dunha montaxe de narración oral oral dividida en tres partes. Voar sen medo é un contacontos didáctico de Chus Álvarez basado en Valados, de Agustín Fernández Paz.

This is pop! Das latas de Andy Warhol ás túas

Na Sede Afundación, na rúa do Vilar, podemos desfrutar ata o vindeiro 27 de xaneiro a mostra gratuíta “This is pop! Das latas de Andy Warhol ás túas”. 

A exhibición conta con sesenta e tres producións de vinte e nove artistas que abordan a arte Pop dende a súa orixe nos anos 50 até os nosos días. Algunhas figuras que nos poderemos atopar en Afundación son Andy Warhol, Roy Lichtenstein, Robert Rauschenberg, Eduardo Palozzi, Richard Hamilton, Peter Black, Yayoi Kusama, Equipo Crónica, Equipo Realidad, Eduardo Arroyo, Rafael Canogar, Damien Hirst, Takashi Murakami, Jeff Koons, Yoshitomo Nara, Julian Opie, Mr., Shepard Fairey (Obey), Kaws, D*Face, Boamistura y Okuda e moitos máis.

A mostra está comisariada por Antonella Montinaro e contará cunha visita guiada para o público xeral o xoves 11 de xaneiro ás 19.00 horas.

Música galega para xaneiro

Leilía aterra no Auditorio de Galicia o vindeiro sábado 13. Con esta xira e un novo disco, que leva por título “Anque me vou non me vou”, as cantareiras, que levan máis de trinta anos entre pandeiretas, dinlle adeus aos escenarios. 

A finais de mes, o venres 26, o Teatro Principal recibirá a aposta orixinal de Guadi Galego. A artista galega súbese ás táboas en tres únicas funcións en toda Galicia para representar o seu espectáculo Síntese Horizonte.

E, aínda que estes e outras moitas actividades que decorrerán na cidade durante o mes de xaneiro son irresistibles, nós xa temos a ollada posta no Entroido e nos Xenerais do Ulla que chegarán a Compostela o 4 de febreiro.

Noticias relacionadas

Día Mundial do Enoturismo: así se percorre Galicia a través da cultura do viño 5 nov

Día Mundial do Enoturismo: así se percorre Galicia a través da cultura do viño

05/11/2024 Las Bodeguillas
Cada segundo domingo do mes de novembro, dende fai quince edicións, celébrase o Día Mundial do Enoturismo ca fin de dar a coñecer a tradición do viño así como destacar a importancia das rexións polas que se estende dende o punto de vista económico e cultural.  Por iso, para festexar o 10 de
Un Samaín en Compostela acompañado de moita música 29 oct

Un Samaín en Compostela acompañado de moita música

29/10/2024 Las Bodeguillas
O outono trae consigo unha das datas máis misteriosas do ano. Aínda que o Halloween de máis alá das nosas fronteiras é unha festividade á que non lle facemos feos, nós somos máis de celebrar o Samaín. Como non podía ser doutro xeito, Santiago de Compostela énchese de propostas para todas as idades
Cinco espazos verdes para pasear en Compostela 3 sep

Cinco espazos verdes para pasear en Compostela

03/09/2024 Las Bodeguillas
Compostela é coñecida pola historia da súa zona vella e polo ritmo frenético das súas rúas más novas. Porén, a cidade ofrece moreas de recunchos verdes, tranquilos e perfectos para desfrutar dun agradable paseo mentres fuximos, un chisco, do axetreo diario da capital. Parque da Alameda É un
O primeiro peregrino, o curioso uso do Botafumeiro e a hora do demo: tres lendas de Compostela que quizais non coñecías 8 ago

O primeiro peregrino, o curioso uso do Botafumeiro e a hora do demo: tres lendas de Compostela que quizais non coñecías

08/08/2024 Las Bodeguillas
Santiago de Compostela foi declarada Patrimonio Cultural da Humanidade pola UNESCO no 1985. Esta decisión tomouse ao considerar que á súa beleza urbana e integridade monumental se engadían ecos da súa significación espiritual como santuario apostólico e destino do máis importante movemento