Logo Calidad TurísticaLogo XacobeoLogo Marca Galicia
As Bodeguillas de Santiago de Compostela
Bodeguilla de San Lázaro

981 566 607 Ver web RESERVAR

Bodeguilla de Santa Marta

981 813 520 Ver web RESERVAR

Bodeguilla de San Lázaro

981 566 607 Ver web RESERVAR

Bodeguilla de Santa Marta

981 813 520 Ver web RESERVAR

Os teus restaurantes de confianza en Santiago de Compostela!

Nacidos en 1986, a nosa casa fundouse sobre unha antiga taberna de orixes perdidas no tempo. Estamos comprometidos coa cultura local de Santiago de Compostela posto que é a nosa referencia.

Cremos que a gastronomía é cultura e o traballo directo cos produtores o que nos permite xerar riqueza nas súas áreas, pero non só económica, senón tamén humana. Nestes 30 anos, vimos moitos cambios e sempre quixemos estar neles para crecer e adaptarnos tanto na Bodeguilla de San Lázaro, como na Bodeguilla de Santa Marta.

As suxestións do día marcan un pouco a orde da cociña; peixes, carnes e verduras da praza diaria completan a nosa oferta onde os pratos para compartir ao redor dunha mesa e unha botella de viño defínenos. Contamos cunha cociña de elaboración tradicional con produtos de tempada e preparacións moi coidadas con toques vangardistas.

As nosas bodeguillas están en Santiago de Compostela, visítanos!

Últimas novidades nas Bodeguillas

Este Nadal regala Bodeguillas! A experiencia gastronómica que todos quererán recibir 27 dic

Este Nadal regala Bodeguillas! A experiencia gastronómica que todos quererán recibir

Este Nadal, sorprende os teus seres queridos con algo máis que un regalo tradicional. Nas Bodeguillas de San Lázaro e Santa Marta, ofrecémosche a oportunidade de regalar produtos de alta calidade, que farán as delicias de calquera padal. Que mellor forma de celebrar estas festas que con un estoxo de viño exclusivo ou un xamón de bellota? Agora podes facelo posibles grazas ás nosas tarxetas de fidelizacio´n que, ademais de utilizar para comidas ou ceas, tamén poden servir como tarxeta regalo. Se estas buscando o regalo perfecto para un afeccionado do viño, os nosos estoxos son a opción
Paixón e tradición no cultivo das viñas 29 nov

Paixón e tradición no cultivo das viñas

En Bodeguilla de San Lázaro acollemos unha cata degustación de viños do grupo Viñedos y Bodegas Sierra Cantabria. Estivo con nós Gabriel Quezada Bendfelt, responsable nacional de vendas do grupo.  Desde 1870, cinco xeracións da Familia Eguren consagraron os seus esforzos ao cultivo das viñas e á produción dos máis destacados viños de Rioja, compartindo de xeración en xeración saberes, tradición, paixón e un profundo respecto pola terra e pola vide, elementos fundamentais para crear viños de prestixio internacional. Catamos os viños Sierra Cantabria blanco, Sierra Cantabria Rosado, Sierra
Abadía Retuerta, a adega que conta coa súa propia Denominacion de Orixe Protexida 22 nov

Abadía Retuerta, a adega que conta coa súa propia Denominacion de Orixe Protexida

Volveron as nosas "Tertulias Bodeguilla, catas e tapas", esta vez con Sergio Mur Moreno, mánager de Área Zona Norte de España de Bodegas Abadía Retuerta en Bodeguilla Santa Marta.  Esta adega de Valladolid conta dende 2022 coa súa propia Denominacion de Orixe Protexida. Trátase dun selo de calidade recoñecido pola Unión Europea e que avala a orixe, calidade e tradición destes viños. Características climáticas e xeográficas propias confiren unhas cualidades únicas á viña e á uva, dotando de personalidade estes viños.  Catamos Abadía Retuerta LeDomaine 2022, Abadía Retuerta Selección Especial
Día Mundial do Enoturismo: así se percorre Galicia a través da cultura do viño 5 nov

Día Mundial do Enoturismo: así se percorre Galicia a través da cultura do viño

05/11/2024 Las Bodeguillas
Cada segundo domingo do mes de novembro, dende fai quince edicións, celébrase o Día Mundial do Enoturismo ca fin de dar a coñecer a tradición do viño así como destacar a importancia das rexións polas que se estende dende o punto de vista económico e cultural.  Por iso, para festexar o 10 de outubro, data promovida pola European Network of Wine Cities, non se nos ocorre mellor idea que viaxar por Galicia a través das principais Denominacións de Orixe de viño da comunidade. O enoturismo refírese a unha viaxe mediante a cultura do viño, na que se inclúe visitas a adegas, viñas ou rexións
Un Samaín en Compostela acompañado de moita música 29 oct

Un Samaín en Compostela acompañado de moita música

29/10/2024 Las Bodeguillas
O outono trae consigo unha das datas máis misteriosas do ano. Aínda que o Halloween de máis alá das nosas fronteiras é unha festividade á que non lle facemos feos, nós somos máis de celebrar o Samaín. Como non podía ser doutro xeito, Santiago de Compostela énchese de propostas para todas as idades e recibir da mellor maneira a “fin do verán” como mellor sabemos: con moita troula.  O Monte do Gozo recibirá a noite dos mortos o próximo xoves 31 de outubro a partir das 17.00 horas cunha xincana para os máis pequenos, pintacaras e animación infantil. Máis tarde, será a quenda dunha terrorífica
Cinco espazos verdes para pasear en Compostela 3 sep

Cinco espazos verdes para pasear en Compostela

03/09/2024 Las Bodeguillas
Compostela é coñecida pola historia da súa zona vella e polo ritmo frenético das súas rúas más novas. Porén, a cidade ofrece moreas de recunchos verdes, tranquilos e perfectos para desfrutar dun agradable paseo mentres fuximos, un chisco, do axetreo diario da capital. Parque da Alameda É un clásico pero non pode faltar. O parque da Alameda, conformado pola carballeira de Santa Susana, o paseo da ferradura e o paseo da Alameda, é un enclave popular entre visitantes e locais dende o século XIX -aínda que a súa historia remóntase ao século XII, momento no que o arzobispo Xelmírez mandou
O primeiro peregrino, o curioso uso do Botafumeiro e a hora do demo: tres lendas de Compostela que quizais non coñecías 8 ago

O primeiro peregrino, o curioso uso do Botafumeiro e a hora do demo: tres lendas de Compostela que quizais non coñecías

08/08/2024 Las Bodeguillas
Santiago de Compostela foi declarada Patrimonio Cultural da Humanidade pola UNESCO no 1985. Esta decisión tomouse ao considerar que á súa beleza urbana e integridade monumental se engadían ecos da súa significación espiritual como santuario apostólico e destino do máis importante movemento relixioso e cultural da Idade Media: a peregrinación polo Camiño. Pero Compostela é moito máis que isto. A cidade está rodeada de lendas e historia da que hoxe, falamos un chisco. A orixe do Camiño de Santiago e o primeiro peregrino Segundo a lenda, despois do martirio do apóstolo Santiago en Xerusalén,
5 áreas recreativas preto de Santiago para desfrutar do verán 9 jul

5 áreas recreativas preto de Santiago para desfrutar do verán

09/07/2024 Las Bodeguillas
Compostela ofrece numerosas propostas culturais, históricas, gastronómicas e de ocio en cada recuncho da cidade, pero no verán apetécenos máis achegarnos até a praia para acalar as altas temperaturas. Sen embargo, aínda que a costa galega é envexable, non é preciso ir até o litoral para refrescarse. Moi preto da capital galega hai moreas de posibilidades para darse un baño, pasar un día rodeados de natureza e desfrutar da tempada estival. Areal de Berres, A Estrada Ás beiras do río Ulla, O Areal de Berres sorprende aos seus visitantes por ser un remanso de calma. Nesta área recreativa

Queres reservar mesa na Bodeguilla de San Lázaro?

  • Dirección: San Lázaro, 104 - Santiago de Compostela
  • Teléfono: 981 566 607
  • Horario: De luns a sábado de 9:00 a 00:00.
    Domingos de 10:00 a 16:00.

Queres reservar mesa na Bodeguilla de Santa Marta?

  • Dirección: Avda. da Liberdade, 11 - Santiago de Compostela
  • Teléfono: 981 813 520
  • Horario: De luns a vernes de 9:00 a 00:00.
    Sábados e domingos de 10:30 a 00:00.

Pratos tradicionais con toques vangardistas

Cociña galega con produtos de tempada

Subvenciones Xunta de Galicia Subvenciones Xunta de Galicia
Subvenciones Xunta de Galicia