Volveron as nosas "Tertulias Bodeguilla, catas e tapas", esta vez con Sergio Mur Moreno, mánager de Área Zona Norte de España de Bodegas Abadía Retuerta en Bodeguilla Santa Marta.
Esta adega de Valladolid conta dende 2022 coa súa propia Denominacion de Orixe Protexida. Trátase dun selo de calidade recoñecido pola Unión Europea e que avala a orixe, calidade e tradición destes viños. Características climáticas e xeográficas propias confiren unhas cualidades únicas á viña e á uva, dotando de personalidade estes viños.
Catamos Abadía Retuerta LeDomaine 2022, Abadía Retuerta Selección Especial 2020, Cuvée Palomar 2020, Pago Negralada 2018 e Pago Valdebellón 2019. E, con eles, saen da cociña: boliños de rape e lagostino en prebe verde, pochas con polbo e ameixas, cordeiro leital asado e pera en almíbar de viño tinto , canelón de rabo de toro no seu prebe con crocante de torrezno e, como sobremesa, pudin de arroz con leite, compota de mazá e prebe de chocolate