Co gallo da celebración, en Compostela, da segunda edición do Revera Vinum, acollemos o roteiro “Galicia en Copas”. En concreto, en Bodeguilla Santa Marta presentamos unha adega da IXP Terras de Barbanza e Iria, Adega Entre Os Ríos, na Pobra do Caramiñal, en plena Ría de Arousa.
A filosofía desta adega é o máximo respecto pola paisaxe e a natureza, evitando o uso de tratamentos innecesarios e coas características obtidas do terreo e o clima do Barbanza. Estivo con nós José Crusat González, elaborador dos viños desta adega. Na cociña, Diego García e o seu equipo, prepararom outras delicias.
Así, saíron da cociña: *Ensalada catro queixos con vinagreta de marmelo *Croquetas de Chipiron con confitura de pemento *Rodaballo Menier con cachelos *Polbo fritido con prebe brava *Solombo de porco Ibérico con Prebe de Catsañas e pera confeitada *Amorodos no seu xugo con xeado de tona ao aroma de limón.