Logo Calidad TurísticaLogo XacobeoLogo Marca Galicia
Las Bodeguillas de Santiago de Compostela

Os viños que tres almas xemelgas querían facer: Bodegas Hispano Suizas

Publicado: 30 de mayo de 2024, 07:22
  1. Bodeguilla de Santa Marta
Os viños que tres almas xemelgas querían facer: Bodegas Hispano Suizas

Recibimos na Bodeguilla de Santa Marta a Vicente Cortés, director comercial de Bodegas Hispano Suizas, un proxecto que naceu da man de Pablo Ossorio, Rafael Navarro e Marc Grin. Tres almas xemelgas decidiron, un día, crear os viños que querían facer. Así nace esta bodega, formada por un enólogo berciano formado en Requena, un encargado de viticultura apaixonado por uvas como a pinot noir e a chardonnay e un suízo cunha mente creativa e comercial. 

Nas D.D.O.O. Utiel Requena, Valencia e Cava elaboran viños a base de pinot noir (moi escasa en España), bobal, petit verdot, syrah e merlot. Estes viños son unha referencia na Comunidade Valenciana e en España.

Estas obras mestras están acompañadas polos bo facer de Diego García e o seu equipo de cociña na Bodeguilla de Santa Marta. Degustamos: 

*Tartar de Salmón, mazá e mango *Canelón de calabacín recheo de marisco con bechamel de chícharos * Bacallao guisado con prebe de pementón *Carrillera de tenreira estufada con pochas *Milfollas de crema de chocolate branco e mascarpone con froitos vermellos

 

Noticias relacionadas

Familia Torres, paixón polo viño dende 1870 14 mar

Familia Torres, paixón polo viño dende 1870

Volveron as actividades culturais a La Bodeguilla cunta cata con cea na que o grupo vitivinícola Familia Torres foi protagonista. Contamos, neste evento, con Sergi Castro, sumiller nacional de EXCELSIA, compañía do Grupo vitivinícola Familia Torres.  Esta familia de cinco xeracións dedicadas á
Recibimos a Pedro Aibar, un dos meñores coñecedores do sector vinícola español 27 oct

Recibimos a Pedro Aibar, un dos meñores coñecedores do sector vinícola español

Foi un pracer, acoller en Bodeguilla Santa Marta, unja cata didáctica con cea protagonizada por Bodegas Tresmano & Companhia Real Velha. Para a ocasión contamos coa presencia de Pedro Aibar, director xeral da firma e unha das persoas que mellor coñece o panorama vinícola español.  No evento,
O respecto pola paisaxe e a natureza, filosofía de Adega Entre Os Ríos 24 mar

O respecto pola paisaxe e a natureza, filosofía de Adega Entre Os Ríos

Co gallo da celebración, en Compostela, da segunda edición do Revera Vinum, acollemos o roteiro “Galicia en Copas”. En concreto, en Bodeguilla Santa Marta presentamos unha adega da IXP Terras de Barbanza e Iria, Adega Entre Os Ríos, na Pobra do Caramiñal, en plena Ría de Arousa.  A filosofía desta
Mas Alta: terra singular, agricultura amigable e viños únicos 9 mar

Mas Alta: terra singular, agricultura amigable e viños únicos

Dende Tarragona a Compostela. La Bodeguilla de Santa Marta acolleu a presentación de Bodegas Mas Alta, adega da D.O.Q. Priorat. Dende 1999 veñen rehabilitando e plantando máis de 40 hectáreas no municipio de La Vilella Alta, sobre antigos viñedos en abandono Estivo con nós no noso restaurante