Logo Calidad TurísticaLogo XacobeoLogo Marca Galicia
Las Bodeguillas de Santiago de Compostela

Blog - Página 9

Noticias y novedades de Las Bodeguillas de San Lázaro y Santa Marta.

A nosa cociña xa sabe a outono 5 sep

A nosa cociña xa sabe a outono

05/09/2022 Las Bodeguillas

Amada e odiada por partes iguais, a rutina retorna ás nosas vidas coa chegada de setembro. Xunto a ela, as sabores e cores de outono comezan a deixarse ver nos primeiros días do mes. E, como non podía ser doutra forma, dende as Bodeguillas decidímosnos a facer algunha que outra recomendación para eses instantes nos que apetece fuxir, aínda que só sexa un chisco e a través dunha elaboración culinaria, do regreso á normalidade. Propostas carnívoras Para os amantes insaciables da carne de calidad...

Leer más

Restaurant Guru recoñece a Santa Marta coa insignia de Recomendación 9 ago

Restaurant Guru recoñece a Santa Marta coa insignia de Recomendación

09/08/2022 Las Bodeguillas

Non nos cansaremos de repetir até o infinito que todos os éxitos que logramos son grazas a todos e todas os que nos visitades nas nosas Bodeguillas a diario. Inspirádesnos a mellorar e a superarnos día a día para ofrecer as mellores elaboracións, pratos, bebidas e actividades gastronómicas. Coas vosas palabras, dende as máis fermosas até as críticas constructivas máis necesarias, artellamos (ou tentamos) unha mellora constante. A Bodeguilla de Santa Marta vén de ser galardoada coa insignia de R...

Leer más

As Festas do Apóstolo ofrecerán moita música e fogos artificiais en cinco localizacións diferentes 12 jul

As Festas do Apóstolo ofrecerán moita música e fogos artificiais en cinco localizacións diferentes

12/07/2022 Las Bodeguillas

En menos do que canta un galo dará o pistoletazo de saída o que é, quizais, unha das datas máis agardadas por todos os galegos. O luns 25 de xullo celébrase o Día de Galicia pero Compostela engalanarase coas súas mellores roupas de festa un chisco antes para recibir cos brazos abertos unha das edicións máis especiais do Apóstolo. As Festas do Apóstolo arrancarán o vindeiro xoves 21 co seu habitual pregón no Pazo de Raxoi. Desta volta estará a cargo do actor compostelá Tamar Novas. Logo, poderas...

Leer más

5 plans que non podes perderte en Compostela en xuño 8 jun

5 plans que non podes perderte en Compostela en xuño

08/06/2022 Las Bodeguillas

É ben sabido que Santiago de Compostela é un centro neurálxico cultural. Con decenas de propostas para celebrar a arte e a música e coas temperaturas e o tempo agradable de xuño, o comezo do verán é o momento perfecto para desfrutar da cidade e todo o que ten por ofrecer. Hoxe falámosvos sobre cinco plans ineludibles! Obxectos de deseño. Surrealismo e deseño 1924-2020 Se sodes afeccionados ás obras de artistas como Salvador Dalí ou Le Corbusier, o Museo Centro Gaiás, na Cidade da Cultura, cont...

Leer más

Tertulias Bodeguilla con González Byass 3 jun

Tertulias Bodeguilla con González Byass

03/06/2022 Bodeguilla de San Lázaro

Comezamos xuño coa ledicia de retomar as nosas Tertulias Bodeguilla. Neste caso, contamos coa adega González Byass nunha cata con cea moi agardada! E é que en González Byass o viño é moito máis que viño, pois é historia, curiosidade, beleza, natureza, deseño, sabor ou paixón. Para compartir momentos, para compartir vida!  En concreto, neste evento catamos un Rías Baixas elaborado 100% con Albariño de dúas colleitas diferentes con máis de 10 anos de diferencia e tamén varias elaboracións de dife...

Leer más

5 tixolas para celebrar que xa é primavera 9 may

5 tixolas para celebrar que xa é primavera

09/05/2022 Las Bodeguillas

Co bo tempo que está a vir estes días, cada vez apetece máis facer plans fóra da casa. Sen dúbida, desfrutar de boa comida e cunha compañía inmellorable é unha das combinacións favoritas de calquera persoa. E, máis aínda, se son opcións fresquiñas e lixeiras. Hoxe presentámosche 5 tixolas para celebrar que xa é primavera.  Arroces Na Bodeguilla de San Lázaro poderás atopar dúas propostas de tixola co arroz como protagonista ás que é imposible dicirlles que non. A primeira, un arroz con rape e ...

Leer más