Logo Calidad TurísticaLogo XacobeoLogo Marca Galicia
Las Bodeguillas de Santiago de Compostela

Santiago (é)Tapas: San Lázaro e Santa Marta presentan dúas tapas tradicionais cun toque único

Publicado: 03 de noviembre de 2022, 09:07
  1. Las Bodeguillas
Santiago (é)Tapas: San Lázaro e Santa Marta presentan dúas tapas tradicionais cun toque único

Santiago (é)Tapas comezou oficialmente a súa décimo cuarta edición. Ata o vindeiro domingo día 13 estaremos participando no  XIV Concurso de Tapas de Santiago de Compostela que nos permite (re)descubrir a gastronomía galega dende diferentes prismas.

As nosas tapas

Santiago (é)Tapas: San Lázaro e Santa Marta presentan dúas tapas tradicionais cun toque único - Imagen 3

Dende as Bodeguillas voltamos a participar con dúas elaboracións cheas de sabor e agarimo. Na Bodeguilla de Santa Marta poderás degustar una tapa tradicional de polo rubio en ravioli de wonton. Tamén na categoría de tapa tradicional, a Bodeguilla de San Lázaro propón unhas fabas de Lourenzá con rape e lagostinos para perder o sentido.

As rutas: 8 etapas para saborear Santiago

Como vén sendo habitual neste evento, conta con seis (é)tapas diferentes nas que os usuarios poderán degustar as tapas de 62 participantes. 

  • Ruta I: Camiño Francés. Composta polas tapas do Restaurante A Moa, A Tasquiña de San Pedro, Brasería A Grella, O Afiador, a nosa Bodeguilla de San Lázaro e Hotel OCA Puerta del Camino.
  • Ruta II: Camiño Primitivo. Inclúe as elaboración de Rúa da Raíña, Vilar 64 Gastrobar, Café Bar Suso, Redes Compostela e Antollos.
  • Ruta III: Camiño do Norte. Está formada por Martingala, Restaurante Solleiros, Salvaxe, Agarimo, Botafumeiro, A Medusa e Pico de Galo.
  • Ruta IV: Camiño Portugués. Aquí atoparemos Arroutada, Artesana, a nosa Bodeguilla de Santa Marta, o Ferro, A Vaquiña e Coller e Levar.
  • Ruta V: Camiño Inglés. Conformada por Restaurante Marte, Madia Leva, A Lareira, Café la Morena e Restaurante Abrasador Gaia Medieval.
  • Ruta VI: Vía da Prata. A última das etapas fórmana O Sendeiro, El Muelle, El Estudio, El Cártel de Mawey, Ad gelo Café Lounge, La Panta e Estudio 34.

Por se isto fose pouco, nesta entrega cóntase con tres rutas extra: a Pet-Friendly, a Tapas Veggie e a Tapas aptas para celíacos. Ademais, os particulares peregrinos destes camiños, poderán entrar no sorteo de diferentes regalos por completas 10 tapas de calquera destas tres rutas.

Como participar nesta peregrinaxe?

Santiago (é)Tapas: San Lázaro e Santa Marta presentan dúas tapas tradicionais cun toque único - Imagen 4

Se estás desexando probar as tapas do XIV Santiago(é)Tapas, votar pola túa proposta preferida e gañar premios, tan só te tes que achegar a Oficina de Turismo de Santiago de Compostela ou calquera dos locais participantes e solicitar o teu Tapasporte para comezar a camiñar e saborear.

O horario será de 13.15 a 15.30 horas e de 20.00 a 23.00 horas tódolos días, agás domingos pola noite en San Lázaro. Non esquezas de participar. Nós agardámoste no Camiño Francés e no Camiño Portugués para que tolees polas tapas.

Noticias relacionadas

As Bodeguillas en Santiago(e´)Tapas 11 feb

As Bodeguillas en Santiago(e´)Tapas

11/02/2025 Las Bodeguillas
Este xoves 13 de febreiro comeza o XVI Santiago(e´)Tapas, o concurso gastronómico organizado por Turismo de Santiago no que participan 42 locais da cidade compostelá. Como en cada edición, aqueles que completen as rutas do certame poderán optar a distintos premios, os cales se poderán recoller ata
Sabores sen glute para todos 31 ene

Sabores sen glute para todos

31/01/2025 Las Bodeguillas
Nas Bodeguillas de San Lázaro e Santa Marta, entendemos a importancia de desfrutar dunha experiencia gastronómica completa, sen preocupacións nin limitacións. Por iso, contamos cunha carta sen glute deseñada para sorprender a todos os padais, sen perder un ápice de sabor e a calidade que nos
Este Nadal regala Bodeguillas! A experiencia gastronómica que todos quererán recibir 27 dic

Este Nadal regala Bodeguillas! A experiencia gastronómica que todos quererán recibir

27/12/2024 Las Bodeguillas
Este Nadal, sorprende os teus seres queridos con algo máis que un regalo tradicional. Nas Bodeguillas de San Lázaro e Santa Marta, ofrecémosche a oportunidade de regalar produtos de alta calidade, que farán as delicias de calquera padal. Que mellor forma de celebrar estas festas que con un estoxo
Día Mundial do Enoturismo: así se percorre Galicia a través da cultura do viño 5 nov

Día Mundial do Enoturismo: así se percorre Galicia a través da cultura do viño

05/11/2024 Las Bodeguillas
Cada segundo domingo do mes de novembro, dende fai quince edicións, celébrase o Día Mundial do Enoturismo ca fin de dar a coñecer a tradición do viño así como destacar a importancia das rexións polas que se estende dende o punto de vista económico e cultural.  Por iso, para festexar o 10 de