Logo Calidad TurísticaLogo XacobeoLogo Marca Galicia
Las Bodeguillas de Santiago de Compostela

Blog - Página 12

Noticias y novedades de Las Bodeguillas de San Lázaro y Santa Marta.

Bodeguilla Store, agora tamén a través de Obvious Eat 11 ago

Bodeguilla Store, agora tamén a través de Obvious Eat

11/08/2021 Las Bodeguillas

Imaxina que esqueciches un aniversario e que non se che ocorre nada de última hora que agasallar ou, pola contra, que estás a celebrar unha data sinalada e non tes con que brindar no teu fogar. Esperamos que non teñas que verte nesta situación, mais, de ser así, traémosche a solución a mans da Bodeguillas Store. Se primeiro foron os nosos locais, o de Santa Marta e o de San Lázaro, que se uniron á maravillosa iniciativa de reparto de comida a domicilio de Obvious Eat, agora tamén podedes gozar ...

Leer más

Propostas frescas para combater a calor estival 6 jul

Propostas frescas para combater a calor estival

06/07/2021 Las Bodeguillas

Agora que o período estival xa chegou, apetécenos saborear opcións máis frescas e lixeiras para sobrevivir ás altas temperaturas que están por vir. Por iso, traémosvos varias suxestións para darlle inicio ao verán con moito sabor. En primeiro lugar, queixo, embutidos ou xamón. Na nosa humilde opinión, a unha comida fáltalle sabor se non ten ningún compoñente desta tríada. Por sorte, nas nosas Bodeguillas temos variedade de queixos galegos artesáns (coma o do Cebreiro, Arzúa Ulloa, San Simón, La...

Leer más

Un percorrido polos sentidos: cinco plans para desfrutar de Compostela 4 jun

Un percorrido polos sentidos: cinco plans para desfrutar de Compostela

04/06/2021 Las Bodeguillas

A oferta cultural, artística, culinaria e natural de Santiago de Compostela é inmensa, malia que sempre nos quedamos nas primeiras capas. Na cidade atopámonos con outros moitos plans máis alén de visitar e desfrutar da incrible arquitectura da Catedral, perdernos polas rúas do casco histórico, deixarse levar polo bulicio do Mercado de Abastos ou saborear un xeado mentres deixamos que a vexetación da Alameda nos inunde. Hoxe propoñémosvos cinco alternativas ás vías habituais a través das cales co...

Leer más

Unha Ascensión diferente coa natureza como telón de fondo 10 may

Unha Ascensión diferente coa natureza como telón de fondo

10/05/2021 Las Bodeguillas

Tras máis dun ano de silencio nas rúas, esta semana Santiago de Compostela encherase de música e ledicia, da man das celebracións da Ascensión. Aínda que coa pandemia e as medidas de seguridade e protección sempre en mente, do xoves 13 ao domingo 16, poderemos desfrutar de concertos, pasarrúas, alboradas, teatro, baile e moito máis.  As festas da Ascensión, xunto co Apóstol, son un dos momentos máis agardados polos composteláns. Este ano, como non podía ser doutro modo, todas as citas coa cultu...

Leer más

Viaxando polo mundo cos imprescindibles da nosa adega 8 abr

Viaxando polo mundo cos imprescindibles da nosa adega

08/04/2021 Las Bodeguillas

Agora que chegan as primeiras raiolas de sol da primavera e, con ela, unha temperatura agradable para desfrutar dunha terraza e unha bebida fresca, é hora de poñer sobre a mesa a nosa carta de viños. E é que se por algo nos diferenciamos nas Bodeguillas de San Lázaro e Santa Marta é por unha adega con productos de calidade e de gran variedade, ben sexa para desfrutar o seu singular sabor só ou acompañándoo dunha elaboración culinaria única. A nosa adega permítenos facer un percorrido pola xeogr...

Leer más

Ollar o pasado coa mirada do presente 4 mar

Ollar o pasado coa mirada do presente

04/03/2021 Las Bodeguillas

Levantarse despois dun golpe duro, ás veces faise difícil. Porén, despois de tantas restriccións e cambios na normativa vixente, as dúas Bodeguillas seguen a pleno rendemento. Iso si, coa reducción e control de aforo esixida, así como todas as medidas necesarias para garantir a seguridade de todos e todas.  A Bodeguilla de Santa Marta e a de San Lázaro están abertas de 09.00 a 18.00 horas para atenderte cun aforo do 30% no interior e do 50% en terraza. Se, pola contra, o que queres é desfrutar ...

Leer más