Logo Calidad TurísticaLogo XacobeoLogo Marca Galicia
Las Bodeguillas de Santiago de Compostela

Fai o Camiño sen saír da túa casa

Publicado: 13 de octubre de 2021, 11:53
  1. Las Bodeguillas
Fai o Camiño sen saír da túa casa

Se es deses intrépidos aos que lles gustaría facer o Camiño de Santiago pero a preguiza pode contigo, a plataforma Google Arts & Culture vén de publicar o proxecto ¡Buen Camino!, no que coñecer a natureza, cultura, gastronomía e xentes do camiño é posible sen nin sequera abandonar a comodidade do noso sofá. Anoa as botas porque aquí che explicamos en que consiste!

Google Arts & Culture é unha iniciativa sen ánimo de lucro que traballa con institucións culturais e artistas de todo o mundo para preservar e achegar a arte e cultura do mundo á esfera dixital, de maneira que sexa accesible para todos, en calquera lugar. É así que, coa colaboración da Xunta de Galicia, o Goberno de Aragón, o Goberno de España e outras entidades como a Fundación Catedral de Santiago ou a Federación Española de Asociacións de Amigos do Camiño de Santiago, publicou ¡Buen Camino!, una ruta online e audiovisual polos puntos máis emblemáticos da rede de Camiños de Santiago de Compostela.

O proxecto chega a ser unha verdadeira galería de arte para todo o mundo (conta con once idiomas!) con 108 exposicións, 7.750 fotografías e vídeos e 15 visitas virtuais de 360º a lugares como a Catedral, a Torre de Hércules, o conxunto etnográfico do Cebreiro ou a Catedral de Ourense. En resumo, que nos mostra?

  • Introdución. A ruta audiovisual comeza cunha peza musical e un mapa ilustrado de Miguel Ángel Camprubí.
  • Pequeno índice. Este índice permítenos explorar a natureza, cultura, comunidade (persoas, gastronomía e música) e ofrece unha guía para principiantes.
  • As rutas. Un percorrido fotográfico polos Camiños de Fisterra e Muxía, do Inverno, o Portugués e o Portugués pola costa, o Francés, o Inglés o do Norte, Primitivo, a Vía da Prata e a Ruta do Mar de Arousa e Río Ulla.
  • Percorrido polos sentidos. Nesta sección podemos somerxernos de cheo, cos sons, imaxes, curiosidades e coñecendo as persoas que traballan ao longo dos quilómetros que compoñen o camiño.
  • Outros. Un percorrido histórico polos puntos chave, reportaxes sobre a accesibilidade dun camiño para todos, máis imaxes da fermosa natureza, a xente, a música e moitos plans dos que desfrutar unha vez chegados á capital galega.

É unha experiencia dixital que serve para confirmar e reafirmar a beleza do Camiño de Santiago e, sen dúbida, animarnos a emprender a aventura de facelo. Aínda non te decidiches a botarlle unha ollada? Pincha aquí!

Noticias relacionadas

As Bodeguillas en Santiago(e´)Tapas 11 feb

As Bodeguillas en Santiago(e´)Tapas

11/02/2025 Las Bodeguillas
Este xoves 13 de febreiro comeza o XVI Santiago(e´)Tapas, o concurso gastronómico organizado por Turismo de Santiago no que participan 42 locais da cidade compostelá. Como en cada edición, aqueles que completen as rutas do certame poderán optar a distintos premios, os cales se poderán recoller ata
Sabores sen glute para todos 31 ene

Sabores sen glute para todos

31/01/2025 Las Bodeguillas
Nas Bodeguillas de San Lázaro e Santa Marta, entendemos a importancia de desfrutar dunha experiencia gastronómica completa, sen preocupacións nin limitacións. Por iso, contamos cunha carta sen glute deseñada para sorprender a todos os padais, sen perder un ápice de sabor e a calidade que nos
Este Nadal regala Bodeguillas! A experiencia gastronómica que todos quererán recibir 27 dic

Este Nadal regala Bodeguillas! A experiencia gastronómica que todos quererán recibir

27/12/2024 Las Bodeguillas
Este Nadal, sorprende os teus seres queridos con algo máis que un regalo tradicional. Nas Bodeguillas de San Lázaro e Santa Marta, ofrecémosche a oportunidade de regalar produtos de alta calidade, que farán as delicias de calquera padal. Que mellor forma de celebrar estas festas que con un estoxo
Día Mundial do Enoturismo: así se percorre Galicia a través da cultura do viño 5 nov

Día Mundial do Enoturismo: así se percorre Galicia a través da cultura do viño

05/11/2024 Las Bodeguillas
Cada segundo domingo do mes de novembro, dende fai quince edicións, celébrase o Día Mundial do Enoturismo ca fin de dar a coñecer a tradición do viño así como destacar a importancia das rexións polas que se estende dende o punto de vista económico e cultural.  Por iso, para festexar o 10 de