Logo Calidad TurísticaLogo XacobeoLogo Marca Galicia
Las Bodeguillas de Santiago de Compostela

Merca e desfruta local: todo o que Santiago nos ofrece este Nadal

Publicado: 13 de diciembre de 2021, 12:26
  1. Las Bodeguillas
Merca e desfruta local: todo o que Santiago nos ofrece este Nadal

Malia que Vigo é a protagonista galega cando se fala de Nadal, Santiago de Compostela non lle ten nada que envexar á cidade olívica: mercadiños de artesanía, espectáculos musicais para divertirse en familia, espectáculos de luces, beléns tradicionais e moito máis que che explicamos aquí.

Mercados de Nadal

Un clásico desta época en Compostela e que xa podemos visitar é o Mercado de Nadal na rúa Carreira do Conde ao que se suma, a partires do 26 de decembro e até a véspera de Reis, o mercado de Área Central. 

Durante estas semanas iranse alternando diferentes postos de decoración, alimentación gourmet e artesanía nas súas diferentes expresións. Ademais, a partir das 19.00 horas haberá animación na rúa para público familiar en días sinalados. Poderemos desfrutar de artistas como Pulpiño Viascón, Os Tiruleiros, Cé Orquestra, O Cego Na Feira, Vamosindo, Trío Par ou Trola Animación.

Séguelle o Mercado da Estrela, que celebra a súa décima entrega. Durante catro intensos días, dende este xoves 16 e ata o domingo 19. Haberá preto de un centenar de expositores de artesanía, moda, ilustración, xoguetes, fotografía, deseño e moito máis. A isto, haberá que sumarlle un programa musical con concertos para todos os gustos e una zona de restauración para recuperar enerxías.  

O mercado dividirase en catro espazos diferentes: o Claustro Procesional e Hospedería de San Martiño Pinario e  o Centro Obra Abanca, onde se situará a feira creativa de agasallos; a Praza 8 de Marzo, destinada á zona de foodtruck con djs; e a pista cuberta do Centro Don Bosco, para os concertos e máis oferta gastronómica. A entrada é de balde, así que, que mellor que aproveitar a oportunidade para mercar os agasallos de Nadal.

Beléns e luces de Compostela

Ademais de 21 quilómetros de manto lumínico que cobren a cidade, o atardecer na Alameda permitiranos coñecer as luces e voces das personaxes da historia galega máis destacadas como as Marías, Valle-Inclán, Díaz Pardo, Rosalía de Castro e moitos máis. Todos os días dende as 18.00 horas!

Se, pola contra, o que nos gusta é desfrutar de exposicións tan incribles como o Belén da Igrexa de San Fiz de Solovio, tan só nos teremos que aproximar ao templo e deleitarnos con preto de 500 figuriñas de barro e lenzo pintado, todas feitas a man. Así mesmo, en Conxo, a familia Otero leva 75 anos creando un belén familiar para que calquera que se acerque ao barrio, poida impresionarse coa obra ideada principalmente por Paco Otero, coñecido como O Belenista de Conxo.

Por outra banda, se nos deixamos caer pola Praza da Quintana unha vez que sexa noite, poderemos recibir una felicitación moi especial a mans de 9 profesionais galegos da ilustración: proxectaranse ilustracións sobre a fachada da Casa da Conga de Sr. Reny, Bea Lema, Hei Castro, Nuria Díaz, Iván R., David Pintor, María Viñas, Chachachá Estudio e Jano Ilustración.

Esta é unha pequena ollada a todo o que será -e está sendo- o Nadal en Santiago de Compostela. Se estás interesado en saber máis, tan só tes que clicar aquí. Iso si, volvamos a desfrutar do Nadal coa mesma ilusión de sempre, en familia e cos amigos, pero sempre con seguridade e moita responsabilidade!

Noticias relacionadas

As Bodeguillas en Santiago(e´)Tapas 11 feb

As Bodeguillas en Santiago(e´)Tapas

11/02/2025 Las Bodeguillas
Este xoves 13 de febreiro comeza o XVI Santiago(e´)Tapas, o concurso gastronómico organizado por Turismo de Santiago no que participan 42 locais da cidade compostelá. Como en cada edición, aqueles que completen as rutas do certame poderán optar a distintos premios, os cales se poderán recoller ata
Sabores sen glute para todos 31 ene

Sabores sen glute para todos

31/01/2025 Las Bodeguillas
Nas Bodeguillas de San Lázaro e Santa Marta, entendemos a importancia de desfrutar dunha experiencia gastronómica completa, sen preocupacións nin limitacións. Por iso, contamos cunha carta sen glute deseñada para sorprender a todos os padais, sen perder un ápice de sabor e a calidade que nos
Este Nadal regala Bodeguillas! A experiencia gastronómica que todos quererán recibir 27 dic

Este Nadal regala Bodeguillas! A experiencia gastronómica que todos quererán recibir

27/12/2024 Las Bodeguillas
Este Nadal, sorprende os teus seres queridos con algo máis que un regalo tradicional. Nas Bodeguillas de San Lázaro e Santa Marta, ofrecémosche a oportunidade de regalar produtos de alta calidade, que farán as delicias de calquera padal. Que mellor forma de celebrar estas festas que con un estoxo
Día Mundial do Enoturismo: así se percorre Galicia a través da cultura do viño 5 nov

Día Mundial do Enoturismo: así se percorre Galicia a través da cultura do viño

05/11/2024 Las Bodeguillas
Cada segundo domingo do mes de novembro, dende fai quince edicións, celébrase o Día Mundial do Enoturismo ca fin de dar a coñecer a tradición do viño así como destacar a importancia das rexións polas que se estende dende o punto de vista económico e cultural.  Por iso, para festexar o 10 de