Bodeguilla de Santa Marta

981 813 520 TAKE AWAY RESERVAR

Bodeguilla de Santa Marta

Inaugurada o 19 de setembro de 2012, nace coa ilusión e sempre ganas de innovar, xunto coa Bodeguilla de San Lázaro.

A Bodeguilla de Santa Marta, situada na Avenida dá Liberdade, no barrio de Santa Marta preto do Hospital Clínico e camiño do Milladoiro, ten similares características ás dúas bodeguillas anteriores, pero cun punto de personalidade propia que se reflicte na decoración minimalista e elegante.

Destacan a moi variada carta de viños e a calidade dos produtos que tan ben definen ás Bodeguillas. Sen dúbida, das mellores opcións para pasar unha velada máis que agradable entre amigos, parella ou familia.

Ponte en contacto connosco e reserva mesa. Estámoste esperando!

CARTA

Dispoñemos dos pratos elaborados coas carnes e peixes máis frescos.

ADEGA

Contamos cunha ampla variedade de viños onde atoparás os mellores do país.

Algúns dos nosos pratos

Últimas noticias e novidades

Abadía Retuerta, a adega que conta coa súa propia Denominacion de Orixe Protexida 22 nov

Abadía Retuerta, a adega que conta coa súa propia Denominacion de Orixe Protexida

Volveron as nosas "Tertulias Bodeguilla, catas e tapas", esta vez con Sergio Mur Moreno, mánager de Área Zona Norte de España de Bodegas Abadía Retuerta en Bodeguilla Santa Marta.  Esta adega de Valladolid conta dende 2022 coa súa propia Denominacion de Orixe Protexida. Trátase dun selo de calidade recoñecido pola Unión Europea e que avala a orixe, calidade e tradición destes viños. Características climáticas e xeográficas propias confiren unhas cualidades únicas á viña e á uva, dotando de personalidade estes viños.  Catamos Abadía Retuerta LeDomaine 2022, Abadía Retuerta Selección Especial
Os viños que tres almas xemelgas querían facer: Bodegas Hispano Suizas 30 may

Os viños que tres almas xemelgas querían facer: Bodegas Hispano Suizas

Recibimos na Bodeguilla de Santa Marta a Vicente Cortés, director comercial de Bodegas Hispano Suizas, un proxecto que naceu da man de Pablo Ossorio, Rafael Navarro e Marc Grin. Tres almas xemelgas decidiron, un día, crear os viños que querían facer. Así nace esta bodega, formada por un enólogo berciano formado en Requena, un encargado de viticultura apaixonado por uvas como a pinot noir e a chardonnay e un suízo cunha mente creativa e comercial.  Nas D.D.O.O. Utiel Requena, Valencia e Cava elaboran viños a base de pinot noir (moi escasa en España), bobal, petit verdot, syrah e merlot. Estes
Familia Torres, paixón polo viño dende 1870 14 mar

Familia Torres, paixón polo viño dende 1870

Volveron as actividades culturais a La Bodeguilla cunta cata con cea na que o grupo vitivinícola Familia Torres foi protagonista. Contamos, neste evento, con Sergi Castro, sumiller nacional de EXCELSIA, compañía do Grupo vitivinícola Familia Torres.  Esta familia de cinco xeracións dedicadas á vide e ao viño dende 1870 transmite a súa paixón dende o respeto á terra e á tradición pero tamén dende a aposta pola innovación. Os seus viños son honestos e realzan a elegancia e singularidade da súa orixe. Así o estamos a desfrutar! Na cociña, Diego García e o seu equipo proponen acompañar estes
Recibimos a Pedro Aibar, un dos meñores coñecedores do sector vinícola español 27 oct

Recibimos a Pedro Aibar, un dos meñores coñecedores do sector vinícola español

Foi un pracer, acoller en Bodeguilla Santa Marta, unja cata didáctica con cea protagonizada por Bodegas Tresmano & Companhia Real Velha. Para a ocasión contamos coa presencia de Pedro Aibar, director xeral da firma e unha das persoas que mellor coñece o panorama vinícola español.  No evento, tivemos ocasión de realizar un percorrido pola súa traxectoria así como de coñecer boa parte das súas referencias. No noso caso, da cociña saíron pratos coma unha ensalada de confit de pato e maza´ asada, un rodaballo á grella con allada de ame´ndoas e patacas ao forno, chuletillas de cordeiro
O respecto pola paisaxe e a natureza, filosofía de Adega Entre Os Ríos 24 mar

O respecto pola paisaxe e a natureza, filosofía de Adega Entre Os Ríos

Co gallo da celebración, en Compostela, da segunda edición do Revera Vinum, acollemos o roteiro “Galicia en Copas”. En concreto, en Bodeguilla Santa Marta presentamos unha adega da IXP Terras de Barbanza e Iria, Adega Entre Os Ríos, na Pobra do Caramiñal, en plena Ría de Arousa.  A filosofía desta adega é o máximo respecto pola paisaxe e a natureza, evitando o uso de tratamentos innecesarios e coas características obtidas do terreo e o clima do Barbanza. Estivo con nós José Crusat González, elaborador dos viños desta adega. Na cociña, Diego García e o seu equipo, prepararom outras
Mas Alta: terra singular, agricultura amigable e viños únicos 9 mar

Mas Alta: terra singular, agricultura amigable e viños únicos

Dende Tarragona a Compostela. La Bodeguilla de Santa Marta acolleu a presentación de Bodegas Mas Alta, adega da D.O.Q. Priorat. Dende 1999 veñen rehabilitando e plantando máis de 40 hectáreas no municipio de La Vilella Alta, sobre antigos viñedos en abandono Estivo con nós no noso restaurante Manel Subirá, director comercial de Bodegas Mas Alta, para presentarnos estes viños. Na cociña, Diego García e o seu equipo elaboraron tentacións á medida destes caldos! Cabe sinalar que o compromiso da nosa protagonista deste evento, Bodegas Mas Alta, é coa agricultura perenne. Busca así a expresión
De Zamora a Compostela con Monte La Reina 27 ene

De Zamora a Compostela con Monte La Reina

A primeira Tertulia Bodeguilla deste 2023 en Bodeguilla Santa Marta achegounos catas e tapas. Nesta ocasión, contamos con Carolina Inaraja, directora de Bodegas Monte La Reina. Esta adega nova, moderna e dinámica está situada en Monte La Reina, Zamora, D.O. Toro. As súas 300 hectáreas de viñedos divídense entre a Tinta de Toro -a uva típica do lugar- e a Verdejo  Monte La Reina conta tamén cunha pequena parcela de Chardonnay destinada á elaboración de espumoso. Un clima continental con altitudes que rondan os 750 metros aporta as condicións óptimas!  E, na cociña, o ritmo non parou: sopa
Paco&Lola, delicias 100% albariño chegadas do corazón do Salnés 16 dic

Paco&Lola, delicias 100% albariño chegadas do corazón do Salnés

As actividades culturais do 2022 remataron cunha cea con cata da man de Paco & Lola. Esta adega foi fundada no ano 2005 por iniciativa dun grupo de viticultores e produtores de viño da comarca do Salnés, "Cooperativa Vitivinícola Arousana", sendo unha das cooperativas máis importantes por número de socios.  Nesta ocasión, contamos con Nuria de La Torre, enóloga do grupo, para dirixir esta actividade en Bodeguilla de Santa Marta. Na copa, 100% albariño en delicias coma Paco & Lola 2016, Paco & Lola 2021, Paco & Lola PRIME 2019, Paco & Lola HERITAGE ou Paco & Lola

Queres reservar mesa na Bodeguilla de Santa Marta?

  • Dirección: Avda. da Liberdade, 11 - Santiago de Compostela
  • Teléfono: 981 813 520
  • Horario: De luns a vernes de 9:00 a 00:00.
    Sábados e domingos de 10:30 a 00:00.

As nosas instalacións

Icono Tenedores
Subvenciones Xunta de Galicia Subvenciones Xunta de Galicia
Subvenciones Xunta de Galicia Subvenciones Xunta de Galicia
Subvenciones Xunta de Galicia