Logo Calidad TurísticaLogo XacobeoLogo Marca Galicia
Las Bodeguillas de Santiago de Compostela

Un Samaín en Compostela acompañado de moita música

Publicado: 29 de octubre de 2024, 10:22
  1. Las Bodeguillas
Un Samaín en Compostela acompañado de moita música

O outono trae consigo unha das datas máis misteriosas do ano. Aínda que o Halloween de máis alá das nosas fronteiras é unha festividade á que non lle facemos feos, nós somos máis de celebrar o Samaín. Como non podía ser doutro xeito, Santiago de Compostela énchese de propostas para todas as idades e recibir da mellor maneira a “fin do verán” como mellor sabemos: con moita troula. 

O Monte do Gozo recibirá a noite dos mortos o próximo xoves 31 de outubro a partir das 17.00 horas cunha xincana para os máis pequenos, pintacaras e animación infantil. Máis tarde, será a quenda dunha terrorífica cea baile e dj para amenizar a festa. Para saber máis, podes pinchar aquí.

Tamén nas Cancelas haberá unha programación especial para a súa ludoteca infantil. O xoves 31 de outubro os máis pequenos poderán desfrutar dun festival de baile en colaboración ca Escola Balancé ás 18.00 horas. E, un chisco máis tarde, terá lugar a gran festa de Halloween con photocall, truco ou trato, bailes e un concurso de disfraces. Xa o sábado 2 de novembro, a compañía Isea a Moura deleitará aos asistentes con De cea dos defuntiños.

A Biblioteca Ánxel Casal tamén está a preparar todo para pasalo de medo. Entre as actividades propostas, terán unha selección de libros para os máis pequenos nos que se poderán ler algunhas das historias terroríficas preferidas, pero tamén sobre curiosidades e datos sobre o Samaín ou como escoller o disfraz perfecto.

Aínda que, iso si, no xoves 31 de outubro hai espazo para moitas máis cousas que para pasar medo (ou dalo). Deste xeito, poderemos disfrutar da estrea da XIV edición do Outono Códax Festival da man da formación The Courettes, composta pola de guitarra e voz de Flavia Couri e a batería de Martín Couri, a partir das 20.30 horas.

Así mesmo, no Auditorio de Galicia desfrutarase de fragmentos de óperas tan coñecidas como As vodas de Fígaro de Mozart, O barbeiro de Sevilla de Rossini, O matrimonio secreto de Cimarosa ou O morcego de Strauss da man da Real Filharmonía de Galicia, as sopranos Emilia Pérez e Lucía Iglesias e o barítono Lucas Pérez. 

A música tamén será a protagonista na Sala Capitol co último concerto de Niños Mutantes en Galicia, poniendo o punto final a 30 anos de traxectoria musical.

E, estas, son tan só algunhas das propostas que nos poderemos atopar na capital galega, así que non dubidedes en achegarvos e facer unha parada para repostar enerxía na nosa Bodeguilla.

Noticias relacionadas

Día Mundial do Enoturismo: así se percorre Galicia a través da cultura do viño 5 nov

Día Mundial do Enoturismo: así se percorre Galicia a través da cultura do viño

05/11/2024 Las Bodeguillas
Cada segundo domingo do mes de novembro, dende fai quince edicións, celébrase o Día Mundial do Enoturismo ca fin de dar a coñecer a tradición do viño así como destacar a importancia das rexións polas que se estende dende o punto de vista económico e cultural.  Por iso, para festexar o 10 de
Cinco espazos verdes para pasear en Compostela 3 sep

Cinco espazos verdes para pasear en Compostela

03/09/2024 Las Bodeguillas
Compostela é coñecida pola historia da súa zona vella e polo ritmo frenético das súas rúas más novas. Porén, a cidade ofrece moreas de recunchos verdes, tranquilos e perfectos para desfrutar dun agradable paseo mentres fuximos, un chisco, do axetreo diario da capital. Parque da Alameda É un
O primeiro peregrino, o curioso uso do Botafumeiro e a hora do demo: tres lendas de Compostela que quizais non coñecías 8 ago

O primeiro peregrino, o curioso uso do Botafumeiro e a hora do demo: tres lendas de Compostela que quizais non coñecías

08/08/2024 Las Bodeguillas
Santiago de Compostela foi declarada Patrimonio Cultural da Humanidade pola UNESCO no 1985. Esta decisión tomouse ao considerar que á súa beleza urbana e integridade monumental se engadían ecos da súa significación espiritual como santuario apostólico e destino do máis importante movemento
5 áreas recreativas preto de Santiago para desfrutar do verán 9 jul

5 áreas recreativas preto de Santiago para desfrutar do verán

09/07/2024 Las Bodeguillas
Compostela ofrece numerosas propostas culturais, históricas, gastronómicas e de ocio en cada recuncho da cidade, pero no verán apetécenos máis achegarnos até a praia para acalar as altas temperaturas. Sen embargo, aínda que a costa galega é envexable, non é preciso ir até o litoral para