Logo Calidad TurísticaLogo XacobeoLogo Marca Galicia
Las Bodeguillas de Santiago de Compostela

Rolo de cachena con queixo de Arzúa-Ulloa e donut de carrilleira para saborear o XV Santiago(é)Tapas

Publicado: 12 de febrero de 2024, 17:03
  1. Las Bodeguillas
Rolo de cachena con queixo de Arzúa-Ulloa e donut de carrilleira para saborear o XV Santiago(é)Tapas

Este xoves 15 comeza unha nova entrega de Santiago(é)Tapas, unha das xornadas máis agardadas polos larpeiros e larpeiras que visitan Compostela para saboreala a pequenos bocados. O certame, que chega á súa décimo quinta edición, estenderase até o 3 de marzo, e aqueles que se decidan a realizar algunha das súas rutas, poderán votar a mellor tapa de Santiago entre as máis de sesenta propostas.

Compostela busca a mellor tapa e esta pódese atopar nos 41 establecementos participantes distribuídos en cinco (é)tapas diferentes. Así, atopámonos co Camiño Inglés, o Camiño Francés, o Camiño Portugués, a Vía da Prata e o Camiño do Norte.

Como rutas adicionais, para usuarios e usuarias con celiaquía, vexetarianos ou moi larpeiros, tamén poderán desfrutar da ruta vexetariana, da ruta sen glute e da ruta doce.

A nós poderás atoparnos no Camiño Francés coa tapa tradicional de rolo de cachena con queixo de Arzúa-Ulloa e redución de mencía da Bodeguilla de San Lázaro. E, no Camiño Portugués, coa Bodeguilla de Santa Marta e o donut de carrilleira ao mencía. Recomendámosche que te deixes aconsellar por nós para maridar ambas tapas con viño.

Do mesmo modo que un peregrino, o amante das tapas poderá ir selando en cada establecemento o seu Tapasporte. Este documento poderá ser adquirido nos establecementos participantes, na Oficina de Turismo de Santiago, na rúa do Vilar, ou na sede da Asociación Hostelería Compostela na rúa das Salvadas.

Poderás puntuar a tapa a través do código QR que che entregaremos en cada establecemento e, ademais, non esquezas de pedirnos que che selemos o Tapasporte xa que, se completas, cando menos, unha das rutas marcadas no Santiago(é)Tapas poderás optar a premios tan variados como abonos para acudir a un partido do Obradoiro, produtos gastronómicos, ceas, experiencia, viños, bonos de adestramento para o ximnasio Curves, abonos dobres para o Recorda Fest e moito, moito máis.

Agardámoste coas nosas tapas do 15 de febreiro ao 3 de marzo, de 13:15 a 15:00 horas e de 20:15 a 22:45 horas.

Noticias relacionadas

As Bodeguillas en Santiago(e´)Tapas 11 feb

As Bodeguillas en Santiago(e´)Tapas

11/02/2025 Las Bodeguillas
Este xoves 13 de febreiro comeza o XVI Santiago(e´)Tapas, o concurso gastronómico organizado por Turismo de Santiago no que participan 42 locais da cidade compostelá. Como en cada edición, aqueles que completen as rutas do certame poderán optar a distintos premios, os cales se poderán recoller ata
Sabores sen glute para todos 31 ene

Sabores sen glute para todos

31/01/2025 Las Bodeguillas
Nas Bodeguillas de San Lázaro e Santa Marta, entendemos a importancia de desfrutar dunha experiencia gastronómica completa, sen preocupacións nin limitacións. Por iso, contamos cunha carta sen glute deseñada para sorprender a todos os padais, sen perder un ápice de sabor e a calidade que nos
Este Nadal regala Bodeguillas! A experiencia gastronómica que todos quererán recibir 27 dic

Este Nadal regala Bodeguillas! A experiencia gastronómica que todos quererán recibir

27/12/2024 Las Bodeguillas
Este Nadal, sorprende os teus seres queridos con algo máis que un regalo tradicional. Nas Bodeguillas de San Lázaro e Santa Marta, ofrecémosche a oportunidade de regalar produtos de alta calidade, que farán as delicias de calquera padal. Que mellor forma de celebrar estas festas que con un estoxo
Día Mundial do Enoturismo: así se percorre Galicia a través da cultura do viño 5 nov

Día Mundial do Enoturismo: así se percorre Galicia a través da cultura do viño

05/11/2024 Las Bodeguillas
Cada segundo domingo do mes de novembro, dende fai quince edicións, celébrase o Día Mundial do Enoturismo ca fin de dar a coñecer a tradición do viño así como destacar a importancia das rexións polas que se estende dende o punto de vista económico e cultural.  Por iso, para festexar o 10 de