Logo Calidad TurísticaLogo XacobeoLogo Marca Galicia
Las Bodeguillas de Santiago de Compostela

Revera Vinum: o viño galego encóntrase de novo o 27 e 28 de marzo no San Francisco Hotel Monumento

Publicado: 14 de febrero de 2023, 12:29
  1. Las Bodeguillas
Revera Vinum: o viño galego encóntrase de novo o 27 e 28 de marzo no San Francisco Hotel Monumento

Despois da boa acollida da primera edición de Revera Vinum, o San Francisco Hotel Monumento acollerá o II Encontro do Viño Galego os vindeiros luns 27 e martes 28 de marzo. O evento contará coa participación de prestixiosos sumilleres, enólogos e críticos especializados.

O principal obxectivo do II Encontro do Viño Galego “Revera Vinum” non é outro que a difusión e a posta en valor da diversidade e calidade dos viños galegos, tanto entre os profesionais e os veciños composteláns, coma os turistas que visiten se acheguen á cidade. Para ofrecer unha pequena ollada de todo o que ofrece o sector vitivinícola galego, contarase cun Túnel do Viño, así como unha área expositiva na que se mostrarán as Denominación de Orixe e as Indicacións Xeográficas Protexidas galegas.

Os dous días da exhibición terán tres eixes centrais ineludibles: talleres e catas con algúns dos máis prestixiosos profesionais, unha área expositiva con máis de 25 stands e un Túnel do Viño con máis de 300 referencias e un foro con varias mesas de debate que falarán sobre o futuro do viño galego.

Actividades do luns 27 de marzo

No comezo da segunda edición do Revera Vinum, no día 27, contarase coa intervención de especialistas como Luis Paadín con “Castes galegas vs castes internacionais” e Martiño Santos Canosa con “Marcas novas en zonas vellas”; coa “Cata de cartas de viños dos séculos XVIII-XIX”, da man de Alejandro Paadín; a entrega das Distincións Gallaecia de Augardentes e Licores de Galicia do 2023; unha mesa de debate conformada por Fernando Mora, Pepe Raventós, Antonio Portela e Martiño Santos Canosa; e a actividade gratuíta “A nación dos mil viños”.

Actividades do martes 28 de marzo

A mañá do segundo e último día do Revera Vinum comezará coa intervención da enóloga Cecilia Fernández con “Castes tintas en crianza”. A isto seguiralle un taller de cata de carne madurada en vacún con tintos da D.O Ribeira Sacra, con José Portas e Guillermo Hermo. Máis tarde, poderase desfrutar da presentación e cata de todas as novidades da Adega Ponte da Boga xunto con Dominique Roujou. Xa durante a tarde, Iria Otero, Juan Chamorro, Pablo Vidal, José Luís Bouzón e Andrea Obenza dirixirán a cata da añada histórica 2015. Para poñerlle o broche de ouro, contarase con Miguel Gómez no espazo de augardentes e licores de Galicia. 

Así mesmo, ámbolos dous días contarase coa entrada de balde, de 11.00 a 20.30 horas, no Túnel do Viño de Galicia.

A actividade, cuxo programa completo podes consultar aquí, está promovida pola Asociación Hostelería Compostela e organizado por Escenoset, conta co patrocinio de Turismo de Galicia, o Concello de Santiago e a colaboración de diversas empresas. Para máis información sobre as ponencias, prazas e inscricións, podedes consultar a páxina de Revera Vinum.

Noticias relacionadas

Día Mundial do Enoturismo: así se percorre Galicia a través da cultura do viño 5 nov

Día Mundial do Enoturismo: así se percorre Galicia a través da cultura do viño

05/11/2024 Las Bodeguillas
Cada segundo domingo do mes de novembro, dende fai quince edicións, celébrase o Día Mundial do Enoturismo ca fin de dar a coñecer a tradición do viño así como destacar a importancia das rexións polas que se estende dende o punto de vista económico e cultural.  Por iso, para festexar o 10 de
Un Samaín en Compostela acompañado de moita música 29 oct

Un Samaín en Compostela acompañado de moita música

29/10/2024 Las Bodeguillas
O outono trae consigo unha das datas máis misteriosas do ano. Aínda que o Halloween de máis alá das nosas fronteiras é unha festividade á que non lle facemos feos, nós somos máis de celebrar o Samaín. Como non podía ser doutro xeito, Santiago de Compostela énchese de propostas para todas as idades
Cinco espazos verdes para pasear en Compostela 3 sep

Cinco espazos verdes para pasear en Compostela

03/09/2024 Las Bodeguillas
Compostela é coñecida pola historia da súa zona vella e polo ritmo frenético das súas rúas más novas. Porén, a cidade ofrece moreas de recunchos verdes, tranquilos e perfectos para desfrutar dun agradable paseo mentres fuximos, un chisco, do axetreo diario da capital. Parque da Alameda É un
O primeiro peregrino, o curioso uso do Botafumeiro e a hora do demo: tres lendas de Compostela que quizais non coñecías 8 ago

O primeiro peregrino, o curioso uso do Botafumeiro e a hora do demo: tres lendas de Compostela que quizais non coñecías

08/08/2024 Las Bodeguillas
Santiago de Compostela foi declarada Patrimonio Cultural da Humanidade pola UNESCO no 1985. Esta decisión tomouse ao considerar que á súa beleza urbana e integridade monumental se engadían ecos da súa significación espiritual como santuario apostólico e destino do máis importante movemento