Logo Calidad TurísticaLogo XacobeoLogo Marca Galicia
Las Bodeguillas de Santiago de Compostela

Que facer en Compostela en Semana Santa?

Publicado: 19 de marzo de 2024, 13:01
  1. Las Bodeguillas
Que facer en Compostela en Semana Santa?

Non hai dous sen tres e, se a Semana Santa en Compostela é un dos momentos máis agardados por moitos veciños e veciñas, nós propoñémosche, para mellorar incluso un chisco máis esta data, plans culturais para desfrutar do 25 ao 31 de marzo sen saír da capital galega.

De lugares e órganos 2024

Dende 2016 e arredor da Semana Santa, Compostela celebra o ciclo musical De lugares e órganos, centrado no patrimonio organístico da cidade e de Galicia en xeral. Máis alá dos concertos incribles, o evento tamén inclúe talleres e visitas guiadas.

A mostra comezará o domingo 24 na igrexa de San Paio de Antealtares co concerto inaugural “A música para órgano no Século de Ouro en Europa”, no que o galego Carlos Fernández Bollo ofrecerá o seu primeiro concerto na cidade.

Xa o luns 25 de marzo, na igrexa de Santa Clara, os asistentes poderán desfrutar do concerto “O gram senhora”, a mans do conxunto Ars Lusitana, dirixido pola cantante e arpista Maria Bayley. O martes 26, ás 19.30 horas, o órgano sairá á rúa, en concreto, ata a sala NUMAX coa proxección de Organ (O órgano, de Stefan Uher, 1965).

Se, pola contra, o que desexamos é saír a pasear, o mércores 27 é o noso día, co itinerario polos lugares de memoria en torno á figura do organista e compositor compostelano, Bartolomé de Olagüe. A saída será na praza de Entrepraciñas, xunto á estatua de Afonso II, ás 10.30 horas.

Tamén o mércores, ás 20.00 horas, na capela das Ánimas, terá lugar o concerto Venetia, coa música da republica veneciana e a súa pegada en Europa como grande protagonista. Outros dous concertos serán o broche final do evento. O primeiro, As idades de Santa Teresa, o venres 29, na igrexa da Universidade e, o segundo, Breaking notes, o domingo 31, tamén na igrexa da Universidade, coa música inglesa do século XVII como protagonista.

Mostra Internacional de Cinema Etnográfico

Do 20 ao 26 de marzo, chega a Santiago de Compostela a 19ª Mostra Internacional de Cinema Etnográfico. Nesta edición, o foco atópase na visión do cine etnográfico sobre o político, os rituais, o seu poder simbólico e os espazos nos que se tecen as súas prácticas, relacións e significacións.

O evento, organizado polo Museo do Pobo Galego é de entrada gratuíta. Para máis información, podes pinchar aquí.

Unha semana chea de exposicións

Como non podía ser doutro xeito, Santiago de Compostela ofrece unha morea de exhibicións e mostras para esta semana. Entre outras moitas, poderemos desfrutar de “Olga Gallego en su centenario (1923-2023)” e “Botamos un baile? Un século de orquestras de verbena en Galicia” na Cidade da Cultura; “Peregrinas ilustradas”, no Museo de Peregrinacións e de Santiago; “Un latexo, unha dentada, un eructo” na Fundación Eugenio Granell; ou “Hábitats. Naturaleza extendida”, no Museo Centro Gaiás.

E, se aínda queres saber máis sobre a oferta cultural de Compostela, mira a súa axenda cultural.

Noticias relacionadas

Este Nadal regala Bodeguillas! A experiencia gastronómica que todos quererán recibir 27 dic

Este Nadal regala Bodeguillas! A experiencia gastronómica que todos quererán recibir

27/12/2024 Las Bodeguillas
Este Nadal, sorprende os teus seres queridos con algo máis que un regalo tradicional. Nas Bodeguillas de San Lázaro e Santa Marta, ofrecémosche a oportunidade de regalar produtos de alta calidade, que farán as delicias de calquera padal. Que mellor forma de celebrar estas festas que con un estoxo
Día Mundial do Enoturismo: así se percorre Galicia a través da cultura do viño 5 nov

Día Mundial do Enoturismo: así se percorre Galicia a través da cultura do viño

05/11/2024 Las Bodeguillas
Cada segundo domingo do mes de novembro, dende fai quince edicións, celébrase o Día Mundial do Enoturismo ca fin de dar a coñecer a tradición do viño así como destacar a importancia das rexións polas que se estende dende o punto de vista económico e cultural.  Por iso, para festexar o 10 de
Un Samaín en Compostela acompañado de moita música 29 oct

Un Samaín en Compostela acompañado de moita música

29/10/2024 Las Bodeguillas
O outono trae consigo unha das datas máis misteriosas do ano. Aínda que o Halloween de máis alá das nosas fronteiras é unha festividade á que non lle facemos feos, nós somos máis de celebrar o Samaín. Como non podía ser doutro xeito, Santiago de Compostela énchese de propostas para todas as idades
Cinco espazos verdes para pasear en Compostela 3 sep

Cinco espazos verdes para pasear en Compostela

03/09/2024 Las Bodeguillas
Compostela é coñecida pola historia da súa zona vella e polo ritmo frenético das súas rúas más novas. Porén, a cidade ofrece moreas de recunchos verdes, tranquilos e perfectos para desfrutar dun agradable paseo mentres fuximos, un chisco, do axetreo diario da capital. Parque da Alameda É un