Logo Calidad TurísticaLogo XacobeoLogo Marca Galicia
Las Bodeguillas de Santiago de Compostela

Cinco espazos verdes para pasear en Compostela

Publicado: 03 de septiembre de 2024, 10:29
  1. Las Bodeguillas
Cinco espazos verdes para pasear en Compostela

Compostela é coñecida pola historia da súa zona vella e polo ritmo frenético das súas rúas más novas. Porén, a cidade ofrece moreas de recunchos verdes, tranquilos e perfectos para desfrutar dun agradable paseo mentres fuximos, un chisco, do axetreo diario da capital.

Parque da Alameda

É un clásico pero non pode faltar. O parque da Alameda, conformado pola carballeira de Santa Susana, o paseo da ferradura e o paseo da Alameda, é un enclave popular entre visitantes e locais dende o século XIX -aínda que a súa historia remóntase ao século XII, momento no que o arzobispo Xelmírez mandou construír unha igrexa para albergar as reliquias de Santa Susana. E é que non é para menos. Atópase nunha localización privilexiada, colindando cunha parte da cidade histórica, cunha preciosa perspectiva da Catedral e repleta dunha inmensa variedade de árbores e prantas, entre as que destacan os carballos, eucaliptos e os castiñeiros de Indias.

Ademais dunha morea de especies vexetais, a Alameda tamén recibe aos seus visitantes con esculturas como as das Dúas Marías, Valle Inclán ou Rosalía de Castro.

Parque de San Domingos de Bonaval

O parque de San Domingos de Bonaval é unha antiga finca e cemiterio do convento dominico, rehabilitada como parque urbano pola arquitecta galega Isabel Aguirre e o portugués Álvaro Siza no 1994. A este, pódese acceder por un pasadizo que conforman dous museos: o Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC), deseñado polo mesmo arquitecto luso, e o Museo do Pobo Galego.

O espazo atópase a distintos niveis de altura, separados por muros de esquistos, a pedra sobre a cal se asenta a cidade histórica. Diferéncianse tres partes: a inferior, a que pertenceu ao Convento de Bonaval e que dedicaban ao cultivo; a segunda parte, o antigo cemiterio, que hoxe ofrece vistas panorámicas da cidade; e a terceira, unha antiga carballeira na que quedan restos dunha mina e dun lavadeira e, ademais, destaca por ser onde se colocou a primeira antena de radio de Galicia.

Parque de Belvís

Outro espazo verde, outra perspectiva da zona vella de Santiago de Compostela. Ao igual que o anterior, as orixes do parque de Belvís atópanse na vida monástica, neste caso, no convento de clausura de Santa María de Belvís, que se erixiu na ladeira do Monte Viso e se inaugurou no ano 1314. As terras do entorno foron empregadas como hortas e, agora, respetando os muros e vías históricas da zona, atópase o fermoso parque e mirador de Belvís, impoñéndose como unha separación verde fermosa entre o casco antigo, o convento de Belvís e o Seminario Menor.

Parque de Eugenio Granell

Situado no Paxonal e limitando coa zona de Pontepedriña, O Castiñeiriño, Conxo e o Ensache, é un dos parques máis extensos da cidade, alcanzando os 120.000 metros cadrados. O parque de Eugenio Granell inaugurouse fai máis de vinte anos, no 2003, e está dedicado ao músico poeta, pintor e escultor surrealista que lle dá nome, moi vinculado coa cidade.

Conta con zonas axardinadas, espazos de carballos, pequenas pontes, paseos e, todo isto, á beira do río Sar. Ademais, completamente allea ao axetreo da cidade, este mesmo parque alberga a carballeira do Restollal.

Parque de Carlomagno

O barrio das Fontiñas tamén presume de zona verde, sendo outro dos enclaves naturais máis extensos da cidade. No parque de Carlomagno inclúense a zona do parque propiamente dita, situada sobre a cima e con vistas que quitan o alento, e as zonas axardinadas que rodean os edificios. 

Pola súa extensión e conexións, o parque de Carlomagno faise ideal para pasear. Este leva directamente ao parque de San Lázaro, polo que, se quedas con fame, non dubides en facer unha parada na Bodeguilla de San Lázaro para repoñer forzas.

Estes son só cinco exemplos pero Compostela ofrece moito máis. As zonas verdes do Campus Sur, a Carballeira de San Lourenzo, o parque de Galeras, o paseo fluvial do río Sarela, o parque da Finca do Espiño, o parque da Granxa do Xesto, Brañas do Sar, o parque do Monte da Almágciga, o parque de Vista Alegre e moito máis. Polo que, se queres coñecer a Compostela máis verde, xa saber por onde comezar.

Noticias relacionadas

As Bodeguillas en Santiago(e´)Tapas 11 feb

As Bodeguillas en Santiago(e´)Tapas

11/02/2025 Las Bodeguillas
Este xoves 13 de febreiro comeza o XVI Santiago(e´)Tapas, o concurso gastronómico organizado por Turismo de Santiago no que participan 42 locais da cidade compostelá. Como en cada edición, aqueles que completen as rutas do certame poderán optar a distintos premios, os cales se poderán recoller ata
Sabores sen glute para todos 31 ene

Sabores sen glute para todos

31/01/2025 Las Bodeguillas
Nas Bodeguillas de San Lázaro e Santa Marta, entendemos a importancia de desfrutar dunha experiencia gastronómica completa, sen preocupacións nin limitacións. Por iso, contamos cunha carta sen glute deseñada para sorprender a todos os padais, sen perder un ápice de sabor e a calidade que nos
Este Nadal regala Bodeguillas! A experiencia gastronómica que todos quererán recibir 27 dic

Este Nadal regala Bodeguillas! A experiencia gastronómica que todos quererán recibir

27/12/2024 Las Bodeguillas
Este Nadal, sorprende os teus seres queridos con algo máis que un regalo tradicional. Nas Bodeguillas de San Lázaro e Santa Marta, ofrecémosche a oportunidade de regalar produtos de alta calidade, que farán as delicias de calquera padal. Que mellor forma de celebrar estas festas que con un estoxo
Día Mundial do Enoturismo: así se percorre Galicia a través da cultura do viño 5 nov

Día Mundial do Enoturismo: así se percorre Galicia a través da cultura do viño

05/11/2024 Las Bodeguillas
Cada segundo domingo do mes de novembro, dende fai quince edicións, celébrase o Día Mundial do Enoturismo ca fin de dar a coñecer a tradición do viño así como destacar a importancia das rexións polas que se estende dende o punto de vista económico e cultural.  Por iso, para festexar o 10 de