En Bodeguilla de San Lázaro acollemos unha cata degustación de viños do grupo Viñedos y Bodegas Sierra Cantabria. Estivo con nós Gabriel Quezada Bendfelt, responsable nacional de vendas do grupo.
Desde 1870, cinco xeracións da Familia Eguren consagraron os seus esforzos ao cultivo das viñas e á produción dos máis destacados viños de Rioja, compartindo de xeración en xeración saberes, tradición, paixón e un profundo respecto pola terra e pola vide, elementos fundamentais para crear viños de prestixio internacional. Catamos os viños Sierra Cantabria blanco, Sierra Cantabria Rosado, Sierra Cantabria crianza, El Puntido e Almirez
Entre os viños do grupo cóntanse Sierra Cantabria, Viñedos Sierra Cantabria, Señorío de San Vicente e Viñedos de Páganos na D.O.Ca. Rioja; Teso La Monja na D.O. Toro; e Dominio de Eguren para os viños procedentes de viñedos das principais zonas vinícolas españolas.