Logo Calidad TurísticaLogo XacobeoLogo Marca Galicia
Las Bodeguillas de Santiago de Compostela

Ollar o pasado coa mirada do presente

Publicado: 04 de marzo de 2021, 12:11
  1. Las Bodeguillas
Ollar o pasado coa mirada do presente

Levantarse despois dun golpe duro, ás veces faise difícil. Porén, despois de tantas restriccións e cambios na normativa vixente, as dúas Bodeguillas seguen a pleno rendemento. Iso si, coa reducción e control de aforo esixida, así como todas as medidas necesarias para garantir a seguridade de todos e todas. 

A Bodeguilla de Santa Marta e a de San Lázaro están abertas de 09.00 a 18.00 horas para atenderte cun aforo do 30% no interior e do 50% en terraza. Se, pola contra, o que queres é desfrutar das nosas elaboracións no teu fogar, seguimos operando até as 23.30 horas (lembra que o toque de queda é ás 22.00 horas). Podes facer o teu pedido de delivery en Just Eat e Obvious Eat ou para take away a través da nosa carta virtual, no 981 813 520, para Santa Marta, e no 981 566 607, para San Lázaro.

Malia que estouramos de ledicia por volver a abrir as nosas portas, é inevitable ollar cara o pasado cando se están a atravesar momentos difíciles coma este. 

Como composteláns, a nosa vida sempre estivo moi vencellada ao Camiño de Santiago e, a das Bodeguillas, tamén. De feito, a de San Lázaro abriu no 2005, no barrio que lle dá nome e no lugar no que o antigo camiño das peregrinacións ingresaba na cidade para rematar a súa dura travesía. Esta relación, entre Camiño e Bodeguilla, vese reflectida nas nosas instalacións: dende os pratos e a decoración, até as xentes que nos visitan acotío. Facemos gala de ter una capela moderna, onde o bo comer e o bo beber acompañan por igual a unha pintoresca mestura de peregrinos que chegan, funcionarios que descansan, congresistas con fame e estudantes que non queren renunciar a unha boa comida.

E, aínda que este santuario fai tempo que non ve como algúns destes grupos celebran coa nosa comida tradicional, aínda que con toques vangardistas, esperamos que pronto (e con seguridade) todo volva á normalidade.

Pola súa banda, a de Santa Marta naceu fai algo máis de oito anos, o 19 de setembro do 2012, froito da ilusión, innovación e gañas de ensinarlle ao mundo os sabores que somos capaces de crear. Aínda que cun deseño máis minimalista e contido que o seu irmán maior, a Bodeguilla de Santa Marta ten unha personalidade propia que sempre a fixo destacar na Avenida da Liberdade, preto do Hospital Clínico e de camiño ao Milladoiro. 

Seguimos a funcionar con ganas, alentados pola xente dos barrios das nosas Bodeguillas, Santa Marta e San Lázaro, e tamén por todos os visitantes que un día chegaron aos nosos locais sen saber que pasaría a formar parte desta gran familia.

Noticias relacionadas

Día Mundial do Enoturismo: así se percorre Galicia a través da cultura do viño 5 nov

Día Mundial do Enoturismo: así se percorre Galicia a través da cultura do viño

05/11/2024 Las Bodeguillas
Cada segundo domingo do mes de novembro, dende fai quince edicións, celébrase o Día Mundial do Enoturismo ca fin de dar a coñecer a tradición do viño así como destacar a importancia das rexións polas que se estende dende o punto de vista económico e cultural.  Por iso, para festexar o 10 de
Un Samaín en Compostela acompañado de moita música 29 oct

Un Samaín en Compostela acompañado de moita música

29/10/2024 Las Bodeguillas
O outono trae consigo unha das datas máis misteriosas do ano. Aínda que o Halloween de máis alá das nosas fronteiras é unha festividade á que non lle facemos feos, nós somos máis de celebrar o Samaín. Como non podía ser doutro xeito, Santiago de Compostela énchese de propostas para todas as idades
Cinco espazos verdes para pasear en Compostela 3 sep

Cinco espazos verdes para pasear en Compostela

03/09/2024 Las Bodeguillas
Compostela é coñecida pola historia da súa zona vella e polo ritmo frenético das súas rúas más novas. Porén, a cidade ofrece moreas de recunchos verdes, tranquilos e perfectos para desfrutar dun agradable paseo mentres fuximos, un chisco, do axetreo diario da capital. Parque da Alameda É un
O primeiro peregrino, o curioso uso do Botafumeiro e a hora do demo: tres lendas de Compostela que quizais non coñecías 8 ago

O primeiro peregrino, o curioso uso do Botafumeiro e a hora do demo: tres lendas de Compostela que quizais non coñecías

08/08/2024 Las Bodeguillas
Santiago de Compostela foi declarada Patrimonio Cultural da Humanidade pola UNESCO no 1985. Esta decisión tomouse ao considerar que á súa beleza urbana e integridade monumental se engadían ecos da súa significación espiritual como santuario apostólico e destino do máis importante movemento