Logo Calidad TurísticaLogo XacobeoLogo Marca Galicia
Las Bodeguillas de Santiago de Compostela

O primeiro peregrino, o curioso uso do Botafumeiro e a hora do demo: tres lendas de Compostela que quizais non coñecías

Publicado: 08 de agosto de 2024, 10:27
  1. Las Bodeguillas
O primeiro peregrino, o curioso uso do Botafumeiro e a hora do demo: tres lendas de Compostela que quizais non coñecías

Santiago de Compostela foi declarada Patrimonio Cultural da Humanidade pola UNESCO no 1985. Esta decisión tomouse ao considerar que á súa beleza urbana e integridade monumental se engadían ecos da súa significación espiritual como santuario apostólico e destino do máis importante movemento relixioso e cultural da Idade Media: a peregrinación polo Camiño. Pero Compostela é moito máis que isto. A cidade está rodeada de lendas e historia da que hoxe, falamos un chisco.

A orixe do Camiño de Santiago e o primeiro peregrino

Segundo a lenda, despois do martirio do apóstolo Santiago en Xerusalén, os seus discípulos trasladaron o seu corpo nunha barca de pedra ata terras galegas. Guiados por un anxo, chegaron á costa, onde finalmente os restos foron enterrados no lugar que hoxe coñecemos como Santiago de Compostela. 

Dise que no século IX, un pastor galego tivo unha visión na que se revelaba a ubicación do corpo do Apóstolo Santiago. Conmovido pola revelación, Afonso II o Casto, emprendeu a súa peregrinación dende Oviedo ata o lugar do xacemento, convertíndose no primeiro peregrino oficial

O Botafumeiro

O Botafumeiro é un dos elementos máis icónicos da Catedral de Santiago. Este inmenso incensario, con máis de 800 anos ás súas costas, pesa arredor de 62 quilos cando está baleiro, mide 1,60 metros e, co seu vaivén, pode chegar a alcanzar unha velocidade de 68 quilómetros a hora.

A súa orixe remóntase á Idade Media, cando se empregaba para purificar o aire da catedral, debido á gran afluencia de peregrinos que aínda non se puideran lavar ao longo do Camiño.

A  Berenguela e o demo

A Torre da Berenguela, bautizada así polo arzobispo da Idade media que mandou construir a torre para defendera a Catedral, é outra dos grandes símbolos de Santiago de Compostela. Coa mesma altitude que as torres do Obradoiro, ten máis de setenta metros de altitude e pódese ver dende moitos puntos da zona vella.

O reloxo actual foi fabricado en Ferrol en 1831 e, a campá, é considerada unha das mellores do mundo. Sen embargo, perdeu o seu son orixinal e foi substituída por unha nova fundida en talleres de Asten. Actualmente atópase exposta no Museo da Catedral. 

Precisamente, sobre a campá hai certa lenda que asegura  que se algunha medianoite, no canto de tocar doce badaladas, pica trece, o diaño gozará dunha hora máxica para andar solto por toda a cidade.

Compostela, o seu Camiño e a súa Catedral son lugar de lendas e historia. E esta é só unha pequena mostra de todo o misterio que rodea á nosa fermosa cidade.

Noticias relacionadas

As Bodeguillas en Santiago(e´)Tapas 11 feb

As Bodeguillas en Santiago(e´)Tapas

11/02/2025 Las Bodeguillas
Este xoves 13 de febreiro comeza o XVI Santiago(e´)Tapas, o concurso gastronómico organizado por Turismo de Santiago no que participan 42 locais da cidade compostelá. Como en cada edición, aqueles que completen as rutas do certame poderán optar a distintos premios, os cales se poderán recoller ata
Sabores sen glute para todos 31 ene

Sabores sen glute para todos

31/01/2025 Las Bodeguillas
Nas Bodeguillas de San Lázaro e Santa Marta, entendemos a importancia de desfrutar dunha experiencia gastronómica completa, sen preocupacións nin limitacións. Por iso, contamos cunha carta sen glute deseñada para sorprender a todos os padais, sen perder un ápice de sabor e a calidade que nos
Este Nadal regala Bodeguillas! A experiencia gastronómica que todos quererán recibir 27 dic

Este Nadal regala Bodeguillas! A experiencia gastronómica que todos quererán recibir

27/12/2024 Las Bodeguillas
Este Nadal, sorprende os teus seres queridos con algo máis que un regalo tradicional. Nas Bodeguillas de San Lázaro e Santa Marta, ofrecémosche a oportunidade de regalar produtos de alta calidade, que farán as delicias de calquera padal. Que mellor forma de celebrar estas festas que con un estoxo
Día Mundial do Enoturismo: así se percorre Galicia a través da cultura do viño 5 nov

Día Mundial do Enoturismo: así se percorre Galicia a través da cultura do viño

05/11/2024 Las Bodeguillas
Cada segundo domingo do mes de novembro, dende fai quince edicións, celébrase o Día Mundial do Enoturismo ca fin de dar a coñecer a tradición do viño así como destacar a importancia das rexións polas que se estende dende o punto de vista económico e cultural.  Por iso, para festexar o 10 de