Logo Calidad TurísticaLogo XacobeoLogo Marca Galicia
Las Bodeguillas de Santiago de Compostela

O Camiño de Santiago dende unha perspectiva que quizáis non coñecías

Publicado: 07 de septiembre de 2021, 13:57
  1. Las Bodeguillas
O Camiño de Santiago dende unha perspectiva que quizáis non coñecías

Con máis de 70.000 Compostelas e preto de 100.000 peregrinos no que vai de ano, non hai lugar a dúbidas de que realizar algunha das etapas do Camiño de Santiago está a ser un dos plans predilectos dos turistas nacionais e internacionais neste ano. E a nós, non se nos ocurriu nada mellor para celebrar estas boas cifras que indagando sobre datos curiosos do Camiño. Aquí vos presentamos algúns!

  1. Quen foi o primeiro peregrino? O denominado primeiro peregrino non foi outro que o rey asturiano Alfonso II O Casto. Durante o seu reinado, un ermitaño descubriu a tumba do Apóstolo Santiago, polo que o rei viaxou até a capital galega para verificar os restos. O percorrido realizado polo monarca é o actual Camiño Primitivo.
  2. Tantos camiños como peregrinos. Dende o descubrimento dos restos do Apóstolo Santiago, milleiros de devotos decidiron achegarse á cidade. O primeiro camiño, o Primitivo, partiu de Oviedo, pero os fieis partiron de sitios moi diversos, posto que non había ningún sendeiro correcto marcado. Sen embargo, no ano 1993, a UNESCO recoñeceu a peregrinaxe do Camiño Francés, por ser o máis transitado, como ben do Patrimonio Mundial. No 2015, completouse o ben do “Camiño de Santiago de Compostela” con outras catro rutas baixo a denominación de Camiños do Norte (Camiño Costeiro, Camiño Primitivo, Camiño Lebaniego e Camiño Interior Vasco-Rioxano).
  3. A fin do Camiño. O impoñente Obradoiro, cunhas vistas privilexiadas da Catedral, marcan a fin do Camiño, mais moitos peregrinos continúan a súa viaxe até a fin do mundo, Fisterra. Este último tramo, non tan popular, adóitase relacionar coas peregrinacións paganas, nas que se seguía o sol até o seu declive.
  4. Queimar o calzado co que se fixo o Camiño. Aínda que lle chega a dar un aspecto un tanto descoidado á zona, os peregrinos que deciden emprender a aventura de facer o camiño até Fisterra, libéranse de todo pecado desfacéndose do calzado que os acompañou durante o traxecto. Unha vez chegado á fin do mundo, os camiñantes queiman os seus zapatos ou algunha prenda de roupa e danse un baño na costa como símbolo de purificación do espírito para os crentes e tamén do corpo.
  5. A orixe das frechas amarelas. Xunto coa vieira, a frecha amarela é un dos símbolos distintivos do Camiño de Santiago. O indicador adquiriuse no 1984, cando o sacerdote do Cebreiro, Elías Valiña, comezou a sinalizar a ruta con frechas desta cor en calzadas, árbores ou valados. A este, seguíronlle outros moitos voluntarios, destacando a Asociación dos Amigos do Camiño de Navarra.

Aínda que estamos habituados a que nos falen do Camiño de Santiago e semella que non é nada novo para nós, con investigar un pouco e miralo cunha ollada renovada, sempre descubrimos datos moi interesantes. E ti, cantas destas curiosidades descoñecías?

Noticias relacionadas

As Bodeguillas en Santiago(e´)Tapas 11 feb

As Bodeguillas en Santiago(e´)Tapas

11/02/2025 Las Bodeguillas
Este xoves 13 de febreiro comeza o XVI Santiago(e´)Tapas, o concurso gastronómico organizado por Turismo de Santiago no que participan 42 locais da cidade compostelá. Como en cada edición, aqueles que completen as rutas do certame poderán optar a distintos premios, os cales se poderán recoller ata
Sabores sen glute para todos 31 ene

Sabores sen glute para todos

31/01/2025 Las Bodeguillas
Nas Bodeguillas de San Lázaro e Santa Marta, entendemos a importancia de desfrutar dunha experiencia gastronómica completa, sen preocupacións nin limitacións. Por iso, contamos cunha carta sen glute deseñada para sorprender a todos os padais, sen perder un ápice de sabor e a calidade que nos
Este Nadal regala Bodeguillas! A experiencia gastronómica que todos quererán recibir 27 dic

Este Nadal regala Bodeguillas! A experiencia gastronómica que todos quererán recibir

27/12/2024 Las Bodeguillas
Este Nadal, sorprende os teus seres queridos con algo máis que un regalo tradicional. Nas Bodeguillas de San Lázaro e Santa Marta, ofrecémosche a oportunidade de regalar produtos de alta calidade, que farán as delicias de calquera padal. Que mellor forma de celebrar estas festas que con un estoxo
Día Mundial do Enoturismo: así se percorre Galicia a través da cultura do viño 5 nov

Día Mundial do Enoturismo: así se percorre Galicia a través da cultura do viño

05/11/2024 Las Bodeguillas
Cada segundo domingo do mes de novembro, dende fai quince edicións, celébrase o Día Mundial do Enoturismo ca fin de dar a coñecer a tradición do viño así como destacar a importancia das rexións polas que se estende dende o punto de vista económico e cultural.  Por iso, para festexar o 10 de