Logo Calidad TurísticaLogo XacobeoLogo Marca Galicia
Las Bodeguillas de Santiago de Compostela

Nas Bodeguillas vestímonos coas cores da Compostela máis diversa

Publicado: 11 de junio de 2024, 11:24
  1. Las Bodeguillas
Nas Bodeguillas vestímonos coas cores da Compostela máis diversa

O día 28 de xuño celébrase o Día Internacional do Orgullo LGTBI e a cidade celebra unha nova edición de Compostela Diversa. Dende a Bodeguilla de Santa Marta e a Bodeguilla de San Lázaro sumámonos á iniciativa para encamiñarnos cara a consecución dos dereitos, visiblidade e normalización da vida do colectivo.

Ademais do apoio de máis de douscentos establecementos comerciais e hostaleiros vestíndonos coas cores da Compostela máis diversa, ca fin de darlle visibilidade aos valores da iniciativa, ata o próximo 30 de xuño, algúns espazos públicos moi populares están a ser iluminadores e decorados con motivos desta data. Trátase, por exemplo, da oficina de Turismo de  Santiago, distintos puntos da Alameda como o Palco da Música ou a escultura das Marías, Porta Faxeira, o Eucalipto dos Namorados ou a Praza Roxa. Os xogos de luces poderán verse a partir do atardecer e até a madrugada.

O eixe central de Compostela Diversa é a visibilidade e a loita polos dereitos de todos os membros do colectivo LGTBI polo que se recollerán unha serie de accións e actividades entre as que destacan os faladoiros baixo o título “Demandas de asilo de persoas LGTBI” ou a proxección de filmes como “Testigos de un tiempo maldito”, co coloquio posterior con Daniela Fernández e Javier Larrauri, ou “Habitar” de Anxos Fazáns.

Por outra banda, a música tamén é unha das grandes protagonistas de Compostela Diversa, que se organizará na praza de Mazarelos o próximo sábado 29 de xuño. Nesta data poderá desfrutarse da música de artistas como Nuria Vil, Zeltia Irevire, Pava, Lingua Franca ou DJ Nenaza.

Nós xa estamos preparados para celebrar a diversidade de Compostela e agardamos que nos acompañades neste mes (e sempre).

Archivos adjuntos

CoverFB2024810x36010.jpg

Descargar

Noticias relacionadas

As Bodeguillas en Santiago(e´)Tapas 11 feb

As Bodeguillas en Santiago(e´)Tapas

11/02/2025 Las Bodeguillas
Este xoves 13 de febreiro comeza o XVI Santiago(e´)Tapas, o concurso gastronómico organizado por Turismo de Santiago no que participan 42 locais da cidade compostelá. Como en cada edición, aqueles que completen as rutas do certame poderán optar a distintos premios, os cales se poderán recoller ata
Sabores sen glute para todos 31 ene

Sabores sen glute para todos

31/01/2025 Las Bodeguillas
Nas Bodeguillas de San Lázaro e Santa Marta, entendemos a importancia de desfrutar dunha experiencia gastronómica completa, sen preocupacións nin limitacións. Por iso, contamos cunha carta sen glute deseñada para sorprender a todos os padais, sen perder un ápice de sabor e a calidade que nos
Este Nadal regala Bodeguillas! A experiencia gastronómica que todos quererán recibir 27 dic

Este Nadal regala Bodeguillas! A experiencia gastronómica que todos quererán recibir

27/12/2024 Las Bodeguillas
Este Nadal, sorprende os teus seres queridos con algo máis que un regalo tradicional. Nas Bodeguillas de San Lázaro e Santa Marta, ofrecémosche a oportunidade de regalar produtos de alta calidade, que farán as delicias de calquera padal. Que mellor forma de celebrar estas festas que con un estoxo
Día Mundial do Enoturismo: así se percorre Galicia a través da cultura do viño 5 nov

Día Mundial do Enoturismo: así se percorre Galicia a través da cultura do viño

05/11/2024 Las Bodeguillas
Cada segundo domingo do mes de novembro, dende fai quince edicións, celébrase o Día Mundial do Enoturismo ca fin de dar a coñecer a tradición do viño así como destacar a importancia das rexións polas que se estende dende o punto de vista económico e cultural.  Por iso, para festexar o 10 de