Logo Calidad TurísticaLogo XacobeoLogo Marca Galicia
Las Bodeguillas de Santiago de Compostela

Mas Alta: terra singular, agricultura amigable e viños únicos

Publicado: 09 de marzo de 2023, 08:27
  1. Bodeguilla de Santa Marta
Mas Alta: terra singular, agricultura amigable e viños únicos

Dende Tarragona a Compostela. La Bodeguilla de Santa Marta acolleu a presentación de Bodegas Mas Alta, adega da D.O.Q. Priorat. Dende 1999 veñen rehabilitando e plantando máis de 40 hectáreas no municipio de La Vilella Alta, sobre antigos viñedos en abandono

Estivo con nós no noso restaurante Manel Subirá, director comercial de Bodegas Mas Alta, para presentarnos estes viños. Na cociña, Diego García e o seu equipo elaboraron tentacións á medida destes caldos!

Cabe sinalar que o compromiso da nosa protagonista deste evento, Bodegas Mas Alta, é coa agricultura perenne. Busca así a expresión mellor acabada desta terra, orientada cara a unha agricultura amigable que persegue o equilibrio entre home e natureza. Falamos pois dunha viticultura moi precisa, co reto de ofrecer un viño fiel ás condicións naturais do entorno. Cabe sinalar que dende o 2009 teñen a totalidade dos viñedos rexistrados oficialmente no "Consejo Catalán de la Producción Agraria Ecológica"

Para finalizar, da cociña saíron: *Ensalada temperada de bacallao con verduras e vinagreta caramelizada *Crocante de zamburiñas con prebe de mariñeira *Brocheta de verduras a prancha con prebe Romescu *Polo de curral a cervexa negra con patacas palla *Tataki de vaca con cebola morada e prebe ponzu *Pasteliño de chocolate con trufa

 

 


 

 

Noticias relacionadas

Abadía Retuerta, a adega que conta coa súa propia Denominacion de Orixe Protexida 22 nov

Abadía Retuerta, a adega que conta coa súa propia Denominacion de Orixe Protexida

Volveron as nosas "Tertulias Bodeguilla, catas e tapas", esta vez con Sergio Mur Moreno, mánager de Área Zona Norte de España de Bodegas Abadía Retuerta en Bodeguilla Santa Marta.  Esta adega de Valladolid conta dende 2022 coa súa propia Denominacion de Orixe Protexida. Trátase dun selo de
Os viños que tres almas xemelgas querían facer: Bodegas Hispano Suizas 30 may

Os viños que tres almas xemelgas querían facer: Bodegas Hispano Suizas

Recibimos na Bodeguilla de Santa Marta a Vicente Cortés, director comercial de Bodegas Hispano Suizas, un proxecto que naceu da man de Pablo Ossorio, Rafael Navarro e Marc Grin. Tres almas xemelgas decidiron, un día, crear os viños que querían facer. Así nace esta bodega, formada por un enólogo
Familia Torres, paixón polo viño dende 1870 14 mar

Familia Torres, paixón polo viño dende 1870

Volveron as actividades culturais a La Bodeguilla cunta cata con cea na que o grupo vitivinícola Familia Torres foi protagonista. Contamos, neste evento, con Sergi Castro, sumiller nacional de EXCELSIA, compañía do Grupo vitivinícola Familia Torres.  Esta familia de cinco xeracións dedicadas á
Recibimos a Pedro Aibar, un dos meñores coñecedores do sector vinícola español 27 oct

Recibimos a Pedro Aibar, un dos meñores coñecedores do sector vinícola español

Foi un pracer, acoller en Bodeguilla Santa Marta, unja cata didáctica con cea protagonizada por Bodegas Tresmano & Companhia Real Velha. Para a ocasión contamos coa presencia de Pedro Aibar, director xeral da firma e unha das persoas que mellor coñece o panorama vinícola español.  No evento,