Logo Calidad TurísticaLogo XacobeoLogo Marca Galicia
Las Bodeguillas de Santiago de Compostela

Códigos QR, reservas anticipadas e servizo de take away, entre as novidades da reapertura en La Bodeguilla

Publicado: 28 de mayo de 2020, 13:51
  1. Las Bodeguillas
Códigos QR, reservas anticipadas e servizo de take away, entre as novidades da reapertura en La Bodeguilla

O primeiro día do mes de San Xoán, a nosa festa meiga, abrirán de novo as portas das nosas Bodeguillas. Casualidade ou coincidencia, estamos seguros de que será unha data case case máxica. Se nolo permitides, imos comparalo a aqueles tres días dos anos 1986, 2005 e 2012 nos que San Roque, San Lázaro e Santa Marta, respectivamente, comezaban a súa andaina. Agora, logo de algo máis de dous meses e medio, o día 1 do mes de xuño será o noso primeiro día con vós neste momento que dan en chamar nova normalidade.
 
Podedes imaxinar o que sentimos nestes intres. Porque a nosa normalidade eran os almorzos, o xantar e as ceas. As conversas. As horas de traballo incansable. E sobre todo, a nosa normalidade erades vós, clientes convertidos en compañeiros e compañeiras do diario. Saber que nuns días todas esas emocións voltarán fan que nos sintamos inmensamente ledos!
 
E nesta nova normalidade, haberá algúns cambios. Por exemplo, no que se refire aos horarios de apertura, polo que ademais de pechar os domingos á noite nos nosos tres locais, tampouco abriremos os luns en San Roque, os martes en San Lázaro e os mércores en Santa Marta.
 

Escanea e accede á nosa carta dixital
Por outra banda e pensando na vosa seguridade, cando nos visitedes atoparedes en tódalas mesas uns códigos QR que vos levarán directamente á nosa carta dixital a través do voso dispositivo móbil. Neste senso, queremos informarvos tamén de que aproveitamos este tempo de peche para cursar as formacións necesarias en materia de prevención da Covid19, adaptándonos así a tódalas normativas que imperan neste momento.
 
Asimesmo e tendo en conta a adopción de medidas relativas a aforos máximos e distancias de seguridade nos establecementos, recomendámosvos a todos realizar reservas con antelación tanto para comer como para cear. O procedemento é ben sinxelo: únicamente debedes chamarnos e gardarémosvos sitio á hora que nos digades! Finalmente, tamén poderedes facer uso do noso servizo de take away: chamade, escollede os pratos que máis vos apetezan e pasade a recollelos!
 
Sen máis, grazas por agardarnos.

Noticias relacionadas

As Bodeguillas en Santiago(e´)Tapas 11 feb

As Bodeguillas en Santiago(e´)Tapas

11/02/2025 Las Bodeguillas
Este xoves 13 de febreiro comeza o XVI Santiago(e´)Tapas, o concurso gastronómico organizado por Turismo de Santiago no que participan 42 locais da cidade compostelá. Como en cada edición, aqueles que completen as rutas do certame poderán optar a distintos premios, os cales se poderán recoller ata
Sabores sen glute para todos 31 ene

Sabores sen glute para todos

31/01/2025 Las Bodeguillas
Nas Bodeguillas de San Lázaro e Santa Marta, entendemos a importancia de desfrutar dunha experiencia gastronómica completa, sen preocupacións nin limitacións. Por iso, contamos cunha carta sen glute deseñada para sorprender a todos os padais, sen perder un ápice de sabor e a calidade que nos
Este Nadal regala Bodeguillas! A experiencia gastronómica que todos quererán recibir 27 dic

Este Nadal regala Bodeguillas! A experiencia gastronómica que todos quererán recibir

27/12/2024 Las Bodeguillas
Este Nadal, sorprende os teus seres queridos con algo máis que un regalo tradicional. Nas Bodeguillas de San Lázaro e Santa Marta, ofrecémosche a oportunidade de regalar produtos de alta calidade, que farán as delicias de calquera padal. Que mellor forma de celebrar estas festas que con un estoxo
Día Mundial do Enoturismo: así se percorre Galicia a través da cultura do viño 5 nov

Día Mundial do Enoturismo: así se percorre Galicia a través da cultura do viño

05/11/2024 Las Bodeguillas
Cada segundo domingo do mes de novembro, dende fai quince edicións, celébrase o Día Mundial do Enoturismo ca fin de dar a coñecer a tradición do viño así como destacar a importancia das rexións polas que se estende dende o punto de vista económico e cultural.  Por iso, para festexar o 10 de