Logo Calidad TurísticaLogo XacobeoLogo Marca Galicia
Las Bodeguillas de Santiago de Compostela

5 museos en Compostela para desfrutar da cultura, arte e historia

Publicado: 20 de mayo de 2024, 14:30
  1. Las Bodeguillas
5 museos en Compostela para desfrutar da cultura, arte e historia

Xa temos presumido de Compostela en numerosas ocasións pero, co gallo do Día Internacional dos Museos o pasado 18 de maio, é momento de facelo unha vez máis. Este evento, celebrado dende 1977 e coordinado polo Consello Internacional de Museos, tenta concienciar sobre a importancia destes medios para o intercambio cultural, enriquecimiento das culturas, así como para o desenvolvemento da comprensión mutua, da colaboración e da paz entre os pobos. E, que mellor maneira de poñer no foco estes centros culturais, históricos e artísticos que comezando por coñecer aquilo que temos na casa?

Centro Gallego de Arte Contemporáneo (CGAC)

O CGAC foi creado en 1993 e conta con programación estable dende 1995. O espazo, deseñado polo arquitecto portugués Álvaro Siza, está dedicado á arte contemporánea en todas as súas formas. O museo ofrece exposicións temporais que destacan tanto artistas galegos como internacionais. Actualmente conta coas mostras Lamazares. Inda é día, do artista lalinense Antón Lamazares, e a exhibición escultórica Salto cuántico, de Diego Vites e Violeta en colaboración co colectivo Nova Escultura Galega.

Non hai dúbida que as súas instalacións e a integración co entorno histórico, no límite da cidade monumental, convírtena nun lugar fascinante para os amantes da arte. O CGAC atópase na rúa de Ramón del Valle-Inclán, 5, de 11.00 a 20.00 horas, salvo os luns que estará pechado. A súa entrada é de balde e ten visitas guiadas ás exposicións todos os domingos. 

Museo Centro Gaiás

Na Cidade da Cultura, e de 10.00 a 20.00 horas, todos os días da semana e de acceso gratuíto, atópase o Museo Centro Gaiás. Este centro ofrece unha superficie expositiva de 6.600 metros cadrados, dividida en tres plantas, que acolle exposicións temporais de fondo calado. Así mesmo, tamén ofrece actividades formativas e de divulgación que fan del un centro en constante transformación e renovación.

Ademais, o museo exhibe de forma permanente na súa planta principal dúas obras plásticas de grande formato de dous referentes da arte galega: Luís Seoane e Urbano Lugrís.

Museo do Pobo Galego

Localizado no antigo convento de Santo Domingos de Bonaval, o Museo do Pobo Galego é unha xanela á rica cultura e tradicións de Galicia. Este museo ofrece una extensa colección que abarca desde traxes tradicionais e ferramentas agrícolas ata embarcacións tradicionais e oficios antigos. Ademais, destaca por contar coa única escaleira triple helicoidal do mundo.

O horario de apertura do museo é de martes a sábado de 11.00 a 18.00 horas e domingos e festivos de 11.00 a 14.00 horas.

Museo Pedagóxico de Galicia (Mupega)

O Museo Pedagóxico de Galicia, inaugurado no 2004, retoma e actualiza un vello proxecto de 1926 que quería fundar un centro museístico galego especializado en materia educativa. O  seu obxectivo é preservar materiais educativos, documentos e obxectos relacionados coa ensinanza, dende documentos e fotografías ata libros de texto, materiais didácticos ou mobles escolares.

O centro atópase na rúa de San Lázaro, 107, e o seu horario de apertura, xa encamiñado ao verán, é de luns a venres, de 8.30 a 14.30 horas.

Fundación Eugenio Granell

O museo foi inaugurado en 1995 na Praza do Toural, nun edificio barroco que foi o antigo Pazo de Bendaña. A Fundación Eugenio Granell foi creada para xestionar o museo e garantir a preservación do legado do artista, que inclúe non só as súas obras, senón tamén a súa colección persoal de arte. O museo ten como obxectivo preservar, estudar e divulgar a obra de Granell, pero tamén promover o surrealismo e a arte contemporánea.

O seu horario de apertura de verán é de martes a xoves, de 11.00 a 14.00 horas e de 16.00 a 20.00 horas; os venres, de 11.00 a 14.00 horas e de 17.00 a 20.00 horas; e os sábados de 11.00 a 14.00 horas.

Esta é tan só unha pequena mostra de toda a oferta museística que Compostela ofrece aos seus visitantes para deixarse deleitar pola cultura, arte, tradición e historia de todo o mundo, dende Galicia.

Noticias relacionadas

Día Mundial do Enoturismo: así se percorre Galicia a través da cultura do viño 5 nov

Día Mundial do Enoturismo: así se percorre Galicia a través da cultura do viño

05/11/2024 Las Bodeguillas
Cada segundo domingo do mes de novembro, dende fai quince edicións, celébrase o Día Mundial do Enoturismo ca fin de dar a coñecer a tradición do viño así como destacar a importancia das rexións polas que se estende dende o punto de vista económico e cultural.  Por iso, para festexar o 10 de
Un Samaín en Compostela acompañado de moita música 29 oct

Un Samaín en Compostela acompañado de moita música

29/10/2024 Las Bodeguillas
O outono trae consigo unha das datas máis misteriosas do ano. Aínda que o Halloween de máis alá das nosas fronteiras é unha festividade á que non lle facemos feos, nós somos máis de celebrar o Samaín. Como non podía ser doutro xeito, Santiago de Compostela énchese de propostas para todas as idades
Cinco espazos verdes para pasear en Compostela 3 sep

Cinco espazos verdes para pasear en Compostela

03/09/2024 Las Bodeguillas
Compostela é coñecida pola historia da súa zona vella e polo ritmo frenético das súas rúas más novas. Porén, a cidade ofrece moreas de recunchos verdes, tranquilos e perfectos para desfrutar dun agradable paseo mentres fuximos, un chisco, do axetreo diario da capital. Parque da Alameda É un
O primeiro peregrino, o curioso uso do Botafumeiro e a hora do demo: tres lendas de Compostela que quizais non coñecías 8 ago

O primeiro peregrino, o curioso uso do Botafumeiro e a hora do demo: tres lendas de Compostela que quizais non coñecías

08/08/2024 Las Bodeguillas
Santiago de Compostela foi declarada Patrimonio Cultural da Humanidade pola UNESCO no 1985. Esta decisión tomouse ao considerar que á súa beleza urbana e integridade monumental se engadían ecos da súa significación espiritual como santuario apostólico e destino do máis importante movemento