Logo Calidad TurísticaLogo XacobeoLogo Marca Galicia
Las Bodeguillas de Santiago de Compostela

5 áreas recreativas preto de Santiago para desfrutar do verán

Publicado: 09 de julio de 2024, 11:37
  1. Las Bodeguillas
5 áreas recreativas preto de Santiago para desfrutar do verán

Compostela ofrece numerosas propostas culturais, históricas, gastronómicas e de ocio en cada recuncho da cidade, pero no verán apetécenos máis achegarnos até a praia para acalar as altas temperaturas. Sen embargo, aínda que a costa galega é envexable, non é preciso ir até o litoral para refrescarse. Moi preto da capital galega hai moreas de posibilidades para darse un baño, pasar un día rodeados de natureza e desfrutar da tempada estival.

Areal de Berres, A Estrada

Ás beiras do río Ulla, O Areal de Berres sorprende aos seus visitantes por ser un remanso de calma. Nesta área recreativa destacan os seus motivos e decoración celta, ademais de cadros que recordan a celebracións típicas da zona, como é a Rapa das Bestas. 

Para camiñar, darse un baño ou facer unha comida con amigos, O Areal, acubillado por unha morea de árbores e dun halo de misterio, é o lugar idóneo para os que foxen do calor.

A Praíña, A Estrada

No límite co municipio de Teo e A Estrada atópase unha das áreas recreativas con maior afluencia da zona. Tamén bañada polo río Ulla, a praia fluvial da Praíña, xestionada pola Asociación Entre as Pontes, é unha zona de ocio ideal para ir en familia e con vistas á ponte medieval de Pontevea. Con zona de ocio e baño con sendeiros, bar, aparcamento de autocaravanas e mesmo alquiler de kayaks e paddle surf, a diversión está asegurada.

Área de Recreo de Agronovo, Vedra

Preto da anterior, atópase a Área de Recreo de Agronovo. Está dotada de zona de baño, mesas e bancos, espazos acondicionados para parbacoas e, polas súas inmediacións, transcorre a ruta de sendeirismo de San Xoán da Cova

Campo de Gundián, Vedra

A área recreativa do Campo de Gundián destaca por ser o único terreo ao sur do río Ulla que pertence á provincia da Coruña. Está conformada por unha capela, unha fonte, o palco da música, mesas e bancos e vistas á antiga Ponte de Gundián.

Ademais de desfrutar dun picnic na zona, non deberías perder a oportunidade de achegarte ao Miradoiro de Gundián, cunhas vistas únicas sobre o río das dúas pontes, e lugar no que comeza a ciutada ruta de sendeirismo de San Xoán da Cova.

Playa fluvial de Chaián, Trazo

A menos de vinte minutos do centro de Santiago, no municipio limítrofe de Trazo, atópase un oasis de paz. A área recreativa de Chaián esténdese a ámbolos dous lados do Tambre e conta con moita sombra, zonas de merendeiro, zona de xogos, aparcamento e chiringuito aberto en época estival.

Estas son tan só algunhas propostas para refrescarse ou pasar un día diferente moi preto de Santiago de Compostela, aínda que a natureza galega bríndanos moitas máis opcións.

Noticias relacionadas

As Bodeguillas en Santiago(e´)Tapas 11 feb

As Bodeguillas en Santiago(e´)Tapas

11/02/2025 Las Bodeguillas
Este xoves 13 de febreiro comeza o XVI Santiago(e´)Tapas, o concurso gastronómico organizado por Turismo de Santiago no que participan 42 locais da cidade compostelá. Como en cada edición, aqueles que completen as rutas do certame poderán optar a distintos premios, os cales se poderán recoller ata
Sabores sen glute para todos 31 ene

Sabores sen glute para todos

31/01/2025 Las Bodeguillas
Nas Bodeguillas de San Lázaro e Santa Marta, entendemos a importancia de desfrutar dunha experiencia gastronómica completa, sen preocupacións nin limitacións. Por iso, contamos cunha carta sen glute deseñada para sorprender a todos os padais, sen perder un ápice de sabor e a calidade que nos
Este Nadal regala Bodeguillas! A experiencia gastronómica que todos quererán recibir 27 dic

Este Nadal regala Bodeguillas! A experiencia gastronómica que todos quererán recibir

27/12/2024 Las Bodeguillas
Este Nadal, sorprende os teus seres queridos con algo máis que un regalo tradicional. Nas Bodeguillas de San Lázaro e Santa Marta, ofrecémosche a oportunidade de regalar produtos de alta calidade, que farán as delicias de calquera padal. Que mellor forma de celebrar estas festas que con un estoxo
Día Mundial do Enoturismo: así se percorre Galicia a través da cultura do viño 5 nov

Día Mundial do Enoturismo: así se percorre Galicia a través da cultura do viño

05/11/2024 Las Bodeguillas
Cada segundo domingo do mes de novembro, dende fai quince edicións, celébrase o Día Mundial do Enoturismo ca fin de dar a coñecer a tradición do viño así como destacar a importancia das rexións polas que se estende dende o punto de vista económico e cultural.  Por iso, para festexar o 10 de