Logo Calidad TurísticaLogo XacobeoLogo Marca Galicia
Las Bodeguillas de Santiago de Compostela

Recibimos a visita de Bodegas A Telleira, acabada de premiar en distintos certames vinícolas

Publicado: 22 de septiembre de 2023, 06:39
  1. Bodeguilla de San Lázaro
Recibimos a visita de Bodegas A Telleira, acabada de premiar en distintos certames vinícolas

Logo do descanso estival, volvemos cunha presentación de viños do grupo GRM, formado por Bodegas Morgadío, na D.O. Rías Baixas, Bodegas Reboreda e Bodegas A Telleira, na D.O. Ribeiro. Para dirixir esta actividade, contamos en Bodeguilla de San Lázaro con Jacob Sanjurjo, director comercial do Grupo GRM.

Debes saber que 3 viños desta adega acaban de recibir cadanseu “Ouro” na Guía de viños, destilados e adegas de Galicia 2023, así como un “Gran Ouro” no concurso de viños Vinespaña 2023. 

Nesta ocasión contamos varietais de Bodegas A Telleira: Godello, Treixadura, Loureira, Caíño Branco e Mencía. Non só estamos a coñecer estas variedades, tamén nos están a sorprender os diferentes métodos de elaboración

A Telleira é un triángulo máxico formado por tres parcelas con diferentes tipos de solo: arxiloso, canto rodado e franco-areoso. Na antigüidade, nesta parcela elaborábanse as tellas de barro cocido que cubrían os tellados das casas. De aquí a orixe do seu nome.

Noticias relacionadas

A Festa da Uña 2025 chega a Santiago de Compostela 28 mar

A Festa da Uña 2025 chega a Santiago de Compostela

A tradicional Festa da Uña chega un ano máis ao barrio compostelán de San Lázaro, coincidindo co quinto domingo de Coresma, tamén coñecido como Domingo de Lázaro ou Domingo de Paixón. Este evento, que se celebra do 4 ao 7 de abril, é unha das festividades máis antigas e representativas da cidade,
Viños de diferentes castes de Galicia, en Bodeguilla de San Lázaro 28 mar

Viños de diferentes castes de Galicia, en Bodeguilla de San Lázaro

A Bodeguilla de San Lázaro acolleu co remate de marzo unha  "cata degustación" de viños do grupo Grandes Pagos Gallegos e Adegas Ponte da Boga.  Estas adegas están presentes en diferentes DD.OO.: Rías Baixas, Ribeira Sacra, Monterrei e Ribeiro, Quinta do Couselo, Ponte da Boga, Fragas do Lecer e
Paixón e tradición no cultivo das viñas 29 nov

Paixón e tradición no cultivo das viñas

En Bodeguilla de San Lázaro acollemos unha cata degustación de viños do grupo Viñedos y Bodegas Sierra Cantabria. Estivo con nós Gabriel Quezada Bendfelt, responsable nacional de vendas do grupo.  Desde 1870, cinco xeracións da Familia Eguren consagraron os seus esforzos ao cultivo das viñas e á
Recibimos a Bodegas Enate, referente da D.O. Somontano en Aragón 28 jun

Recibimos a Bodegas Enate, referente da D.O. Somontano en Aragón

A piques de rematar as Actividades Culturais de La Bodeguilla desta tempada, acollemos en La Bodeguilla de San Lázaro un evento ben especial. A protagonista, Bodegas Enate.  Esta adega é referente e unha das impulsoras da D.O. Somontano en Aragón e nós temos a sorte de contar hoxe con Jesús Sesé