Logo Calidad TurísticaLogo XacobeoLogo Marca Galicia
Las Bodeguillas de Santiago de Compostela

Propostas frescas para combater a calor estival

Publicado: 06 de julio de 2021, 18:40
  1. Las Bodeguillas
Propostas frescas para combater a calor estival

Agora que o período estival xa chegou, apetécenos saborear opcións máis frescas e lixeiras para sobrevivir ás altas temperaturas que están por vir. Por iso, traémosvos varias suxestións para darlle inicio ao verán con moito sabor.

En primeiro lugar, queixo, embutidos ou xamón. Na nosa humilde opinión, a unha comida fáltalle sabor se non ten ningún compoñente desta tríada. Por sorte, nas nosas Bodeguillas temos variedade de queixos galegos artesáns (coma o do Cebreiro, Arzúa Ulloa, San Simón, Lara&Sara, Touza Vella ou o Rexo) e tamén diferentes tipos de manchego, queixo de cabra, Cabrales, Idiazábal e Torta del Casar. Ademais, non hai dous sen tres e as táboas de embutidos ibéricos ou calquera dos xamóns que temos dispoñibles, son un acerto seguro.

Despois deste primeiro entrante, que mellor que un prato cheo de cor? As ensaladas non son aburridas e senón que llo digan a calquera das nosas ofertas: ensalada Bodeguilla; de crocante de polo e mango; de queixo con noces e pasas; de queixo de cabra con cebola caramelizada; de bacallau, gulas, picatostes e tomate confitado; de queixos, noces e crema de marmelo; ou, para os máis lambóns, de vieiras, gambas, queixo relado e vinegreta de piñóns con mazá. 

Aínda que se es dos que ten fame a todas horas, temos tixolas que de seguro van satisfacer o teu apetito feroz. Por exemplo, unha das nosas últimas estrelas é a de arroz negro e a de arroz con rape e lagostinos nunca defrauda. Sen embargo, se prefires algo diferente ao arroz, temos outras como a popular tixola de polbo con lagostinos ou a de ovos campeiros, xamón ibérico e queixo gratinado.

Como colofón final, a sobremesa. A nós, persoalmente, encántannos os coulants de chocolate, o tiramisú con castañas ou o flan de caramelo, aínda que os xeados de queixo con marmelo ou o sorbete de limón non teñen nada que envexarlle. Ademais, podedes acompañar calquera destes doces cun viño de sobremesa. A nosa carta inclúe moscateis, Pedro Xelmírez, do Porto e outros viños doces. Descúbreos todos na nosa carta online!

Noticias relacionadas

Sabores sen glute para todos 31 ene

Sabores sen glute para todos

Nas Bodeguillas de San Lázaro e Santa Marta, entendemos a importancia de desfrutar dunha experiencia gastronómica completa, sen preocupacións nin limitacións. Por iso, contamos cunha carta sen glute deseñada para sorprender a todos os padais, sen perder un ápice de sabor e a calidade que nos
Este Nadal regala Bodeguillas! A experiencia gastronómica que todos quererán recibir 27 dic

Este Nadal regala Bodeguillas! A experiencia gastronómica que todos quererán recibir

27/12/2024 Las Bodeguillas
Este Nadal, sorprende os teus seres queridos con algo máis que un regalo tradicional. Nas Bodeguillas de San Lázaro e Santa Marta, ofrecémosche a oportunidade de regalar produtos de alta calidade, que farán as delicias de calquera padal. Que mellor forma de celebrar estas festas que con un estoxo
Día Mundial do Enoturismo: así se percorre Galicia a través da cultura do viño 5 nov

Día Mundial do Enoturismo: así se percorre Galicia a través da cultura do viño

05/11/2024 Las Bodeguillas
Cada segundo domingo do mes de novembro, dende fai quince edicións, celébrase o Día Mundial do Enoturismo ca fin de dar a coñecer a tradición do viño así como destacar a importancia das rexións polas que se estende dende o punto de vista económico e cultural.  Por iso, para festexar o 10 de
Un Samaín en Compostela acompañado de moita música 29 oct

Un Samaín en Compostela acompañado de moita música

29/10/2024 Las Bodeguillas
O outono trae consigo unha das datas máis misteriosas do ano. Aínda que o Halloween de máis alá das nosas fronteiras é unha festividade á que non lle facemos feos, nós somos máis de celebrar o Samaín. Como non podía ser doutro xeito, Santiago de Compostela énchese de propostas para todas as idades