Logo Calidad TurísticaLogo XacobeoLogo Marca Galicia
Las Bodeguillas de Santiago de Compostela

Pittacum e Heraclio Alfaro, protagonistas dunha nova actividade cultutal en Bodeguilla de San Lázaro

Publicado: 03 de marzo de 2023, 16:27
  1. Bodeguilla de San Lázaro
Pittacum e Heraclio Alfaro, protagonistas dunha nova actividade cultutal en Bodeguilla de San Lázaro

Comezamos marzo dun xeito moi especial. O terceiro mes do ano chegou cunha nova actividade cultural na que presentamos dúas adegas do grupo Terras Gauda: Viñedos y Bodegas Pittacum, situada en Arganza del Bierzo na D.O. Bierzo, e Compañía de Vinos Heraclio Alfaro, de Alfaro, na D. O. Ca. Rioja.

Para levar a cabo esta actividade, estivo con nós o director técnico e enólogo destas adegas, Alfredo Marqués. Cabe sinalar que Pitacum comezou o seu camiño en 1999 coa idea de crear viños con personalidade pero sen renunciar ao carácter que imprime a variedade Mencía. 

Pola súa banda, Compañía de Vinos Heraclio Alfaro pertence ao grupo dende 2018.  Tempranillo, Graciano e Mazuelo son as principais variedades que compoñen os seus viñedos, contando tamén con 12 hectáreas de oliveiras da variedade Arbequina. 

 

Noticias relacionadas

Recibimos a Bodegas Enate, referente da D.O. Somontano en Aragón 28 jun

Recibimos a Bodegas Enate, referente da D.O. Somontano en Aragón

A piques de rematar as Actividades Culturais de La Bodeguilla desta tempada, acollemos en La Bodeguilla de San Lázaro un evento ben especial. A protagonista, Bodegas Enate.  Esta adega é referente e unha das impulsoras da D.O. Somontano en Aragón e nós temos a sorte de contar hoxe con Jesús Sesé
21 jun

"Wine Up Tour" fai parada en San Lázaro

Voltou un clásico na Bodeguilla: chegou á nosa sala de catas de Bodeguilla de San Lázaro "Wine Up Tour", unha viaxe por toda España a través dos viños. Fixemos este percorrido da man de Joaquin Parra, autor da guía de viños WINE UP ! e tamén viaxeiro do viño. Saboreamos Martin Códax Albariño 2023,
Borges: 125 anos de sabor 26 abr

Borges: 125 anos de sabor

A sala de catas de San Lázaro foi, de novo, un templo do aroma e o sabor. Neste caso, o protagonista foi o aceite de oliva virxe extra. Para a presentación deste alimento clave da dieta mediterránea, estivo con nós Antonio Jesús Angiano, Food service specialist en Borges- Capricho Andaluz. Foi,
Finca Cuarta: paisaxe extrema e viticultura heroica 18 abr

Finca Cuarta: paisaxe extrema e viticultura heroica

Recibimos na sala de catas de Bodeguilla de San Lázaro a Nicolás Legido, sumiller certificado e delegado nacional de Adegas Finca Cuarta. Esta adega, ubicada na D.O. Ribeira Sacra -subzona de Amandi- chega dende un territorio de viños de calidade, tradición e moita paciencia. Nestes viños, as