Logo Unión EuropeaLogo Calidad TurísticaLogo XacobeoLogo Marca Galicia
Las Bodeguillas de Santiago de Compostela

Seis rutas en Compostela para desfrutar da primavera

Publicado: 27 de abril de 2026, 12:46
  1. Las Bodeguillas
Seis rutas en Compostela para desfrutar da primavera

Santiago de Compostela é unha cidade para percorrer e descubrir moito máis alá da súa catedral. A capital galega deléitanos cunha rede de itinerarios pensados para camiñar sen présa e entender a cidade desde diferentes perspectivas. 

Ruta intramuros

Entre todas elas, a chamada ruta intramuros constitúe o punto de partida esencial. Definida como unha “sensación monumental”, este itinerario percorre o núcleo histórico e articúlase arredor dos grandes espazos simbólicos da cidade: a Praza do Obradoiro, a contorna da catedral ou as prazas da Quintana e Praterías. Pero non se limita ao evidente. A proposta incorpora tamén recunchos menos transitados, pequenas rúas e espazos que adoitan quedar fóra das guías máis convencionais, ofrecendo así unha lectura máis completa da zona vella.

Ruta extramuros

Se esta primeira ruta representa o Santiago máis recoñecible, a ruta extramuros propón o seu contrapunto natural. Aquí, o protagonismo desprázase cara aos parques e aos espazos verdes que rodean a cidade antiga. O itinerario enlaza lugares como a Alameda, San Domingos de Bonaval ou Belvís, descubrindo ao mesmo tempo miradoiros, arquitectura contemporánea e barrios quizais un chisco menos explorados. 

Ruta ao Gaiás

Outro dos percorridos máis singulares é o que leva ata o monte Gaiás, onde se ergue a Cidade da Cultura. Esta ruta establece un diálogo entre tradición e modernidade: parte do corazón histórico e avanza cara espazos como o parque de Bonaval ou o barrio de San Pedro antes de ascender cara ao complexo arquitectónico. Polo camiño aparecen elementos tan significativos como a Colexiata de Santa María en Sar ou o Bosque de Galicia, que ofrecen unha transición gradual entre o Santiago máis urbanita ata o máis natural.

Xunto a estas, a proposta do concello complétase con itinerarios  que abordan a cidade desde enfoques máis específicos. A ruta Domus Dei céntrase nos conventos de clausura e na dimensión máis relixiosa da cidade; a ruta gastronómica percorre mercados e espazos vinculados á tradición culinaria compostelá; mentres que a ruta fotográfica, a través de 23 imaxes clave, permitirache ter un álbum de recordo da cidade perfecto.

Estas rutas transmítennos unha mensaxe clara. Santiago non se esgota nunha única visita nin nun único percorrido. E nese ir e vir, entre ruta e ruta, é onde tamén cobra sentido facer unha pausa, sentar á mesa e continuar a experiencia desde outro lugar: o do sabor das Bodeguillas.

Noticias relacionadas

Dende o corazón da Ribera del Duero a Compostela: Bodegas Cruz de Alba 19 jun

Dende o corazón da Ribera del Duero a Compostela: Bodegas Cruz de Alba

Chegou unha nova noite especial á Bodeguilla de Santa Marta: unha cea degustación da man de Bodegas Cruz de Alba, unha das adegas máis singulares do corazón da Ribera del Duero. A súa filosofía orgánica, biodinámica e os seus viños honestos fixeron desta unha experiencia que vai moito máis alá da
  Unha nova cita coa cultura do viño, na nosa sala de catas 12 jun

  Unha nova cita coa cultura do viño, na nosa sala de catas

12/06/2026 Las Bodeguillas
Recibimos unha selección moi especial de viños do grupo Artevino, catro adegas con presenza nas catro denominacións de orixe máis prestixiosas: Rioja, Ribera del Duero, Toro e Rueda. Para guiarnos nesta experiencia contamos coa presenza de Miguel Gavito, director nacional de vendas do grupo, que
Música, deporte, teatro e festa para espremer Compostela en xuño 4 jun

Música, deporte, teatro e festa para espremer Compostela en xuño

04/06/2026 Las Bodeguillas
O verán está comezando a deixarse ver e as rúas de Santiago cunha axenda cultural extensa. Xuño ofrece moito máis que a Noite de San Xoan e a cidade promete converterse no epicentro absoluto da cultura, a música e a festa en Galicia. Así que alá imos a facer un pequeno repaso dos plans cos que a
As festas da Ascensión 2026 xa están aquí 6 may

As festas da Ascensión 2026 xa están aquí

06/05/2026 Las Bodeguillas
Santiago de Compostela xa cheira a festa. Coa chegada do mes de maio, a cidade vístese de gala para celebrar unha das súas citas máis queridas, as da Festas da Ascensión. Este 2026, a programación vén cargada de música, cultura e, se aínda quedades con ganas de máis, nas Bodeguillas agardámosvos