Logo Calidad TurísticaLogo XacobeoLogo Marca Galicia
Las Bodeguillas de Santiago de Compostela

Las Bodeguillas - Página 11

Noticias y novedades de Las Bodeguillas de San Roque, San Lázaro y Santa Marta. Restaurantes en Santiago de Compostela.

Descubre a nosa carta sen glute 13 ene

Descubre a nosa carta sen glute

13/01/2020

Sexan máis lixeiras ou máis consistentes, tratamos de que as propostas das cociñas de Las Bodeguillas se adapten ás preferencias de todos vós. Por esta razón, ofrecemos tamén suxestións sen glute que podes descubrir ao completo na nosa carta.  Neste senso, entre elas poderás atopar entrantes como zamburiñas á geleé de albariño, tixola de cogomelos, gambas e algas, xamón 100% ibérico de bellota, chicharróns gratinados con queixo á feira ou tixola de shitake con langostinos. Figuran tamén propost...

Leer más

Viños de todo o mundo recalan en La Bodeguilla 20 dic

Viños de todo o mundo recalan en La Bodeguilla

20/12/2019

Despedimos este 2019 con moi bo sabor de boca. Ao longo deste últimos meses, recalaron en La Bodeguilla viños procedentes de todo o mundo. Da man das nosas Tertulias Bodeguilla, achegáronse ata San Lázaro –fundamentalmente- pero tamén ata Santa Marta produtores e distribuidores chegados de múltiples orixes. Por suposto, estiveron presentes os caldos das viñas galegas pero tamén variedades que medran nos campos de Nova Zelanda ou California, por pór algún caso. Nestes certames, ademais de contar...

Leer más

Empanadilla de outono, montadiño de solombo e filloa rechea de rabo de tenreira para este Santiago(é)Tapas 18 nov

Empanadilla de outono, montadiño de solombo e filloa rechea de rabo de tenreira para este Santiago(é)Tapas

18/11/2019

Santiago(é)Tapas chega á súa edición número doce coa intención de superar as rondas de tapas dos últimos anos. O nivel está tan alto coma a ilusión que supón, para a hostelería da cidade, volver presentar o seu saber facer en pequenos bocados. Dende La Bodeguilla imos tentarte cunha empanadilla, un montadiño e unha filloa rechea. Presentámosche as nosas suxestións! Dende Bodeguilla San Lázaro optamos por unha tapa de corte tradicional: empanadilla galega de lacón con grelos e queixo San Simón e...

Leer más

Compostela, unha cidade de conto para os máis pequenos 9 sep

Compostela, unha cidade de conto para os máis pequenos

09/09/2019

Quen non soñaba, de neno, con perderse nun labirinto e divertirse a esgalla mentres buscaba a saída? Case todos e todas o ideamos nalgunha ocasión. Iso nos ocorre aínda hoxe, de adultos, cando percorremos o casco histórico da nosa querida Compostela. Santiago, coas súas vías estreitas que semellan camiños e cos seus recunchos e ducias de posibles espazos para se agachar, pode ser ese espazo no que dar renda solta á imaxinación dos máis pequenos. Pero nenos e nenas atopan, na capital galega, outr...

Leer más

Compostela tamén é para o verán: descubre Santiago nun día 7 ago

Compostela tamén é para o verán: descubre Santiago nun día

07/08/2019

As estreitas rúas de Compostela, que identifican a cidade en calquera recuncho do planeta, parecen estes días aínda máis ateigadas. O bulir do curso académico deixa, en agosto, un paso máis de vagar. E os visitantes enchen a cidade do Apóstolo. Máis de 16.000 consultas nas oficinas de turismo da capital galega neste mesmo mes, o ano pasado, son unha mostra do interese que desperta Santiago. Certo é que non temos praia, pero si múltiples propostas arquitectónicas, culturais, históricas ou gastron...

Leer más

O pregón de Luis Zahera abre hoxe 13 días de festas do Apóstolo 19 jul

O pregón de Luis Zahera abre hoxe 13 días de festas do Apóstolo

19/07/2019

Un 25 de xullo, a finais do século XIX, identificáronse os restos do apóstolo Santiago. Con motivo deste aniversario, nesta data moitas localidades honran ao patrón de España. No caso galego, a festividade ten o seu momento álxido nos chamados Fogos do Apóstolo, un espectáculo de luz e son que ano tras ano achega a multitude de visitantes a Compostela na noite do 24. Dende La Bodeguilla temos a sorte de poder gozar moi de preto deste intre, que tingue de cor o ceo compostelán e eleva todas as mi...

Leer más